TRIVIAL MUSICAL. Concerto 8 de abril


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 8 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as

 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 4 de abril (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: De qué instrumento trátase?



PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Qué é unha obertura?

¡¡¡Moita sorte!!!

 Abril                                                                                                 

Data: venres 8 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre


REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Cristoph König, director

Jordi Ortega, trompa

Programa:

J. Offenbach (1819-80). Obertura La bella Helena

W. A. Mozart (1756-91). Concierto para trompa y orquesta nº 3 en mi bemol mayor K.447

R. Schumann (1810-56). Sinfonía nº 1 en si bemol mayor, Op. 38 (Primavera)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS