Páginas vistas en total

jueves, 28 de abril de 2016

CONCERTO DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA



 Lembramos o concerto de hoxe no Auditorio de Ferrol. Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana 10 de nosos alumnos e alumnas poderán asistir de balde.
Animádevos

 Abril                                                                                             
Data: xoves 28 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol



ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA

 Víctor Pablo Pérez, director

Alice Sara Ott, solista

Programa:

J. M. Ruiz (1968-  ): Balcánicas

E. Grieg (1843-1907): Concierto para piano en la menor

D. Shostakovich (1906-75): Sinfonía nº 1 

martes, 26 de abril de 2016

ACR "O PEQUE CORO": MOBLES PARA OS CONTRABAIXOS

Resultado final
 
A Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro" do CMUS Xan Viaño de Ferrol deseñou, fabricou ,transportou e instalou uns mobles para os contrabaixos do conservatorio, moi necesarios para unha boa conservación dos instrumentos.
 
A idea xurdiu do centro que puxo o diñeiro para o material necesario; a pericia e o enxeño correu gustosamente pola conta da Asociación.
 
Esperamos que a colaboración e a cooperación entre todos sexa sempre positiva e que veña a sumar e mellorar en todos os aspectos.
 
Galería de imaxes do "making off":
 
 






lunes, 25 de abril de 2016

EIXO ATLÁNTICO, premios

"A presenza da cidade naval terá lugar a través do Conservatorio Profesional Xan Viaño, e máis concretamente, das tres alumnas do centro que foron seleccionadas polo propio centro para o certame que terá lugar entre o 23 e 24 de abril en Vilagarcía"
Diario de Ferrol
 
Así anunciábase no periódico do 8 de abril o certame que tivo lugar este pasado fin de semana en Vilagarcía coas nosas alumnas Noreia Hermida (piano) María López Carballo (gaita) e María Lejuán (oboe) que actuaron na categoría de menores de 13 anos.
Noraboa ás tres participantes porque as súas actuacións foron impresionantes.
E noraboa a Noreia que acadou o 1º premio na categoría de solista.
 
Mais información no facebook do conservatorio
 
 Foto dos premiados

 Galería de imaxes da entrega de premios:
 






jueves, 21 de abril de 2016

CONCERTOS DIDÁCTICOS 2016, venres 22 de abril ás 19:00

 
Facémonos eco do concerto didáctico de mañá venres.
Non volo perdades!
 
Fonte: Facebook do Concello de Ferrol
 
Pola mañá houbo dous pases para centros de primaria do municipio e outro pola tarde para todo aquel que recollera as entradas de balde na Taquilla do Teatro Jofre.
Mais información no Facebook do Concello de Ferrol.

miércoles, 20 de abril de 2016

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 5 de maio

Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 5 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 2 de maio (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Cal é este instrumento?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cita os dous autores do programa do concerto da Real Filharmonía que son barrocos.
 
¡¡¡Moita sorte!!!

 
 Maio                                                                                                    
Data: xoves 5 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

 
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

James Dalghren, director-concertino

Programa:

B. Britten (1913-76). Fandare for St. Edmundsbury

F. Mendelssohn (1809-47). Sinfonía nº 2 en re mayor

Petronio Franceschini (1651-1680). Sonata en re mayor

C. Monteverdi (1567-1643). Tocata de L’Orfeo
E. Grieg (1843-1907). Suite Holdberg Op. 40. Dos melodías elegíacas Op. 34 “Heridas del corazón” y “La última primavera”

lunes, 18 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO, 23 de abril

 
Fonte: Bibliotecas Escolares  
"Achégase o Día Mundial do Libro, o 23 de abril, unha das datas máis significativas do calendario civil nas bibliotecas escolares galegas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita un pequeno díptico cun texto orixinal agasallo dun autor ou autora galega. Desta vez, o texto co que celebramos o Día do Libro é de Pedro Feijoo, un dos creadores galegos máis lidos nos clubs de lectura dos centros de ensino, quen afirma con rotundidade no seu texto Os libros son para valentes: "... eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante, como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereizas..."
 
 
Neste enlace con BE atoparedes un enlace á mensaxe de Irina Bukoba, Directora Xeral da UNESCO 2016 con motivo desta celebración e o link ao díptico deste ano co texto de Pedro Feijoo.

sábado, 16 de abril de 2016

XAN VIAÑO, 25 aniversario 1960-1991: 2ª parte

 
19:30 Coñece a obra de Xan Viaño
* Lucinio Medel fálanos da obra do compositor ferrolán

Lucinio Medel, "Xan Viaño mais aló das vangardas"
 
* Susana Polo Viaño, Victoria Álvarez, Simón García e o coro Concerto Tempo interpretarán obras de Xan Viaño, dúas delas estreas

Susana Polo Viaño, piano (estrea) "Estudio nº 2" (Xan Viaño)
Video: Susana Polo

Simón García. contrabaixo (estrea), "Solo para violonchelo"
 (transcripción para contrabaixo) de Xan Viaño
 
Coro "Concerto Tempo". José Antonio García Mato, director
 
Estudo para coro nº 5 do "Chorstudien" (Hermann Regner)
Vinea Mea Electa (Xan Viaño)
Ubi Caritas (Ola Gjeilo)
Witness (Arr.: Jack Halloran)
E de propina "Lela"
 
Video: Concerto Tempo

Victoria Álvarez, soprano/Susana Polo Viaño (piano)
Canción 1 do Cementerio Marino (Xan Viaño)
 
Ao final do acto entregáronse ramos de flores e detalles aos participantes. Xa no vestíbulo, descubriuse o cadro de José Norberto Polo -cuñado do compositor- que donou ao conservatorio:

 
 
Galería de imaxes
 
 
 
 

 


Agradecimientos desde o blog da biblioteca á Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro" pola súa crónica, as fotos e a súa adicación na grabación e edición dos videos.
 

XAN VIAÑO, 25 aniversario 1960-1991: 1ª parte

 
 
 
 16:30 Coñece a música contemporánea!
 * Susana Polo Viaño fálanos do seu tío

A nosa coordinadora de Normalización Lingüística Iria Rico preséntanos o acto e a intervención de Susana Polo.

Susana Polo, sobriña de Xan Viaño, durante a súa intervención

Susana falou dos recordos que ten co seu tío Xan Viaño. Os asistentes puideron facer preguntas ao final da exposición.
 
* Concerto didáctico a cargo de Genaro Fernández e Ermitas García
 Interesantísimo, se non fuches non volo perdades. Ermitas acercounos á música contemporánea e coa colaboración de Genaro explicou as partituras.
Ao final subiron ao escenario algúns nenos e pintaron o que lles suxería a música.

Genaro Fernández ao piano
Video: Ermitas García Ríos
 
Os nenos de linguaxe musical trouxeron moitas pinturas para debuxar :).... Podedes ver o resultado no vestíbulo da entrada
 
 "@s nenos do Conservatorio debuxan "Nubens Brancas"
 
Todos os artistas

Agradecemos desde o blog da biblioteca á Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro" o seu crónica, ás súas fotos e a súa adicación na grabación e edición dos videos.


Segue 2ª parte

jueves, 14 de abril de 2016

23 ABRIL: COLABORACIÓN CA "CENTRAL LIBRERA"

 
c/ Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña
Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54
 
Con motivo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril), desde hoxe ata o 25 de abril na biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera" da rúa Real, haberá unha pequena exposición e venda de libros de temática musical que pode resultar de interés para a toda a comunidade educativa.   
 
 Podedes consultar os títulos expostos nos seguintes enlaces: 

Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto tanto ao profesorado como ao alumnado.
 Se estades interesados nalgún dos títulos falade cos profesores de garda en biblioteca ou ca coordinadora (Águeda).
Esperamos que sexa do voso agrado.

Feliz Día do Libro :)