Páginas vistas en total

lunes, 4 de abril de 2016

XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA, "Contos para despois da chuvia"

Fonte: Fonte: Departamento de Comunicación de Kalandraka (Paz Castro) a través de Asesoría de Bibliotecas www.kalandraka.com
 
A XVI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA INAUGÚRASE AO PÚBLICO FAMILIAR ESTE SÁBADO 2 DE ABRIL NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
 
‘Contos para despois da chuvia’ celebrará o 23 de abril cunha dobre sesión de contacontos para bebés
 
A Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago de Compostela -co lema “Contos para despois da chuvia”- vaise inaugurar para todos os públicos este sábado 2 de abril, co gallo do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, data que tamén coincide co 18º aniversario de KALANDRAKA. A Galería Sargadelos, convertida nun “pequeno museo” no que se exporán ilustracións e instalacións artísticas relacionadas cos libros protagonistas da Campaña, acollerá unha sesión aberta de contos e música, a partir das 12:00 horas.
 
              MÁIS INFORMACIÓN NOS ENLACES ADXUNTOS: Programa e Previa inauguración XVI campaña

No hay comentarios:

Publicar un comentario