TRIVIAL MUSICAL. Concerto 19 de maio


  Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 19 de Maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro mércores 11 de Maio (ata as 10:00 horas).
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿qué instrumento é o da imaxe?
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: No programa do concerto, ¿en qué peza intervén a voz (soprano)?
¡¡¡Moita sorte!!!


 Maio                                                                                                   

Data: xoves 19 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol


ORQUESTA SINFONICA DE GALICIA
Juanjo Mena, director
Marie-Pierre Langlamet, arpa
Raquel Lojendio, soprano
 

Programa:

C. Debussy (1862-1918): Iberia

A. Ginastera (1916-83): Concierto para arpa

M. Falla (1876-1946): El sombrero de tres picos (completo)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS