Páginas vistas en total

jueves, 22 de septiembre de 2016

TRIVIAL MUSICAL: CONCERTO INAUGURAL DA TEMPADA 2016-2017


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiromércores 5 de outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 30 de setembro (ata as 10:00 horas).
 
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Un dos autores da proposta de programa é A. Vivaldi...¿saberías dicir outra obra que non sexa o concerto para chelo en si menor?
 
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Nombra alomenos dúas directoras de orquestra
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Outubro                                                                                                  
Data: mércores 5 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
 
Real Filharmonía de Galicia
 
ADRIANA WINKLER, directora    Thomas Piel, violonchello

PROGRAMA A DEFINIR completamente. Proposta:

G. Enescu (1881-1955): Preludio ao unísono
A. Vivaldi (1678-1741): Concerto para chelo en si menor
E. Minardi: Concerto para chelo e cordas
B. Bartok (1881-1945): Danzas rumanas (versión cordas)

Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

miércoles, 21 de septiembre de 2016

INICIO DA TEMPADA DE CONCERTOS DA SFF

 
Desde a Sociedade Filarmónica Ferrolana nos informan do inicio da tempada de concertos 2016-2017 e que seguen a colaborar con nós como en tempadas anteriores.
 Deste xeito, en breve publicarase o primeiro trivial musical do curso. Os ganadores poderán asistir ao primeiro concerto do vindeiro 5 de outubro.
 
¡Estade atentos e moita sorte!

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 20 de septiembre de 2016

APERTURA DA BIBLIOTECA: 26 de setembro


       A biblioteca "José Fontenla Leal" abrirá as súas portas o vindeiro luns 26 de setembro.
 
Bo comezo de curso a todos.

jueves, 15 de septiembre de 2016

CURSO ESCOLAR 2016-2017

Fonte: Bibliotecas escolares de Galicia
 
"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
 A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
 Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos coordinados desde as bibliotecas. Cómpre agora facer visible esa parte do coñecemento humano que conecta directamente coa creatividade: as Artes todas teñen cabida na biblioteca escolar e así o demostran as múltiples actividades programadas anualmente con está temática. 
Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
 Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada.
 
 
 
Este ano falamos de nós. Bo curso para tod@s e... seguimos.