Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

NOVA DOAZÓN: REVISTA RITMO

Imaxe
  O pasado xuño Mª Teresa Sánchez de Toca donou á biblioteca -xunto con outros fondos dos que xa vos contaremos- exemplares da revista RITMO . A máis antiga data de 1984 e xunto con números especiais constitúen unha interesante ollada á evolución da publicación. Xa están rexistradas, etiquetadas e listas para a súa consulta en sala ( P.P. RIT )    

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Imaxe
Hoxe estamos de celebración e  ímolo celebrar a falar dunha biblioteca especial para a música pois aquí atoparemos, entre outros tesoros, verdadeiras xoias da notación neumática.   Abbey Library, St. Gallen. Fonte: www.youtube.com   A biblioteca da Abadía non é só a biblioteca mais antiga de Suiza que contén unha única colección de libros e manuscritos, sino tamén unha librería de empréstitos. Posúe preto de 170.000 libros e outros soportes. Libros impresos despois de 1900 poden emprestarse namentres que os mais vellos volumes só poden ser empregados na sala de lectura.   Manuscritos e incunables só poden ser vistos na sala de lectura en casos excepcionais mais para dar servizo a estudantes e investigadores que estean interesados nestes documentos, informan na súa páxina de que están en proceso de dixitalización. E tamén poden ser visualizados en internet ( www.cesg.unifr.ch ) se non temos a sorte de viaxar por alí... Fonte: Biblioteca Abbey, St. Gallen  

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia   A instancias da IASL (International Association of School Librarianship) , víñase celebrando nos últimos anos o Día da Biblioteca Escolar, o 4º luns de outubro. Desde o ano 2008, a proposta desta asociación internacional (referente do traballo a prol das bibliotecas nos centros educativos, como  espazos indispensables para o desenvolvemento do traballo docente), é que se aproveite todo o mes de outubro para facer visible no conxunto das comunidades educativas, a importancia da biblioteca escolar e todas as súas posibilidades e recursos.   O lema escollido para este ano pódese traducir por "Unha Biblioteca Escolar creada para a Era Dixital" (A School Library built for the Digital Age! ).     Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia  e IASL  

18 DE OUTUBRO

Imaxe
18 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DA PROTECIÓN DA NATUREZA     Fonte: Ambientum      E para poner música a este día enlazamos cun tema de Zazie, unha cantante francesa moi recomendable. O tema " Je suis un homme " do seu álbum "Totem" Fonte: youtube  " Son un home de Cromagnon, eu son un mono ou un pez, sobre a Terra, en calquera estación, eu estou a dar voltas, estou a dar voltas...  Eu son único entre un millón, eu son un home con corazón de león, na guerra en calquera estación, eu estou a dar voltas, estou a dar voltas...  Eu son un home cheo de ambición, bonito coche e preciosa casa, na habitación ou no salón, eu estou a dar voltas, estou a dar voltas...  Eu fago o amor e a revolución, eu dou voltas ao asunto, eu avanzo, eu avanzo retrocedendo e eu estou a dar voltas, estou a dar voltas,   Ti ves, eu non son un home, eu son o rei da ilusión, no fondo que se me perdone, eu son o rei dos tontos  Eu fago o mundo a minha maneira, ba

CALENDARIO DAS VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA: semana 24-28 de octubro

Imaxe
Xa temos o  calendario  para as visitas guiadas dos grupos de 1º de Grao Elemental deste curso: - 1º A: Mércores 26 (17:00-17:30) - 1º B: Martes 25 (17:00-17:30) - 1º C: Mércores 26 (19:00-19:30) - 1º D: Martes 25 (19:00-19:30) - 1º E: Viernes 28 (17:00-17:30) - 1º F: Martes 25 (19:30-20:00).   A biblioteca permanecerá aberta. Disculpade os posibles retrasos nos empréstitos e/ou devolucións que poida haber como consecuencia das visitas.   Un saúdo desde a biblioteca

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOTECAS E DAS NOSAS VISITAS GUIADAS

Imaxe
A proposta da IASL ( International Association of School Librarianship ) outubro é o " Mes da Biblioteca Escolar " así que durante todo o mes as bibliotecas estamos de celebración.   Biblioteca "José Fontenla Leal", outubro 2016   Aproveitando que o 24 é o " Día da biblioteca" algúns profes estamos a organizar as visitas guiadas desde curso para todo o alumnado de 1º de Grao Elemental entre o luns 24 e o venres 28 ... :)  Manterémosvos informados. Saúdos desde a biblioteca

TRIVIAL MUSICAL. Concerto 20 de outubro

Imaxe
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro  xoves 20 de outubro . Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 14 de outubro (ata as 10:00 horas).   PREGUNTA G

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DO DOCENTE

Imaxe
 Fonte: Unesco, Día mundial do docente  En 1994 a  UNESCO  ( United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization , Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) proclamou o 5 de outubro o Día Mundial dos Profesores. Cada ano e baixo un lema diferente resaltan a súa importancia. Este ano o lema é " Valoremos ao docente, melloremos a súa condición profesional ".