Páginas vistas en total

miércoles, 30 de noviembre de 2016

I XORNADAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA

 
 Desde a biblioteca facémonos eco destas Xornadas pola inclusión:
 
Venres, 9 de decembro, 19:00 horas. Ateneo Ferrolán

martes, 29 de noviembre de 2016

RECORDATORIO TRIVIAL MUSICAL. 15 decembro



DERRADEIRO TRIVIAL MUSICAL PUBLICADO:
Concerto da SFF do 15 de decembro

 Data límite: venres 9 de decembro (ata as 10:00 horas).
 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Saberías investigar en qué tonalidade está a Sinfonía nº 2 que vas escoitar no concerto?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Dentro de qué estilo se inclúe a Brahms?


¿Mandaches xa a túa resposta? :)

15º CERTAMEN INTERCENTROS MELÓMANO


O pasado sábado 26 de novembro tivo lugar a celebración da fase autonómica do Certamen Intercentros Melómano no CMUS "Xoán Montes" de Lugo cun total de 20 participantes que, segundo a coordinadora do concurso a nivel nacional, fan de Galicia a comunidade autónoma que mais participantes presentou. 
  
 As tres participantes que representaban ao CMUS "Xan Viaño" de Ferrol:
 
Noreia, Marta e Rita. Noraboa ás tres pola vosa participación.
 
Rita  Fernández López  (trombón) interpretou
      Concertino de Ferdinand David
Marta  Diéguez  Varela (clarinete) interpretou
      El primer y 2º movimiento de Muczynski , la obra  Time  Pieces
Noreia  Hermida Pérez  interpreto (piano)
       1º  Scherzo , op20  de F. Chopin
       2º  Mallorca, opus 202  de  I. Albéniz

 
A clasificación final do Certamen foi a seguinte:
 
3º Premio compartido, Anxo  Fernández Arias  (fagot  de CMUS  Lugo) e Iria  Fernández  Silva (viola de  CMUS  Lugo)
2º Premio, reserva para a final nacional: Jaime  Estévez  Moreira (saxofón  CMUS  Vigo)
1º Premio, representante de Galicia na final el 10 de decembro en Alicante: Alfonso  Huerta  Fernández (saxofón de CMUS  Lugo).
 
 
Galería de imaxes e videos:
 
 
Rita durante a súa actuación
 
Rita acompañada por Lorena Dapena ao piano
Enlace ao video da actuación de Rita, con Lorena Dapena ao piano: Rita
 
Noreia
 Enlace ao video da actuación de Noreia: Noreia

Marta
Enlace ao video da actuación de Marta con Iria Hevia ao piano: Marta


 Grazas á Asociación Recreativa "O Peque Coro" por cubrir o Certamen, polas fotos e os vídeos editados :)

lunes, 28 de noviembre de 2016

NOVA MATERIA: PEDAGOXÍA

Este mes o Equipo de Biblioteca creamos unha nova materia: "Pedagoxía" (nunha cor amarela crara) e a súa sinatura será "PE". Atoparédela despois de "Historia - Varios" e antes de "Recursos Musicais".
 
 
Andel de pedagoxía
 

 
De momento non hai moitos fondos pero creemos que medrará pronto.
Podedes consultar os actuáis volumes na OPAC na materia "Pedagoxía".
 
Saúdos desde biblioteca

sábado, 26 de noviembre de 2016

NOVOS FONDOS DE LINGUAXE MUSICAL

Grazas ás doazóns de Oscar López Leiras, Carlos Lara e do Dpto. de Liguaxe, os fondos desta materia están a medrar moito.
 Ademáis dos métodos que vedes na foto, a biblioteca conta con moitos novos cuadernos de Ibáñez-Cursá de diferentes niveis.
 Podedes consultar no catálogo: OPAC

Método completo de Lenguaje Musical, libros del alumno y del profesor
por María Agustina Perandones Mánuel (niveles 1 y 5)

viernes, 25 de noviembre de 2016

25 de NOVEMBRO

 Día contra a violencia de xénero
Como di no blog de Trafegando ronseis "Por unha muller con poder sobre si mesma".
 
 
Música: Respiro, de Mattia Vlad Morleo
Edición e montaxe: Trafegando ronseis

jueves, 24 de noviembre de 2016

"LA OLA COREANA"

Clase de Musicoloxía 16-17: Sara Permuy, Vanessa Domínguez,
 Ana Fernández, Roberto Losada e o seu profesor Crisanto Gándara.
Fonte: La Voz de Galicia

Onte publicábase na Voz de Galicia unha noticia que nos toca de cerca baixo o título "La Ola Coreana llega al conservatorio":

"Una alumna del Xan Viaño que investiga el fenómeno del llamado K-Pop viajará a Londres para participar en un congreso internacional sobre música asiática"

Para ler a noticia completa copiamos o enlace co periódico dixital.
 
 
Noraboa Sara :)

QUODLIBET Nº 62

Fonte: Casa Beethoven. Barcelona
 
Xa está disponible en sala o nº 62 (maio-agosto 2016) de Quodlibet. 
A separata "Elogio de la luz y de la sombra", por Laura Vega (dúo de saxofón e piano) atoparédela en S.P. 85   

 
Contido de Quodlibet nº62:
 
- Editorial: Enrique Granados (1867-1916), un nacionalista romántico (Marisa Blanes) 
- Tubos polifónicos antiguos II: Tubos triples (launeddas). En defensa de Francesco Ficoroni (Manuel Lafarga Marqués, Vicente Llimerà Dus y Penélope Sanz González)
- Apuntes para una aproximación a la fenomenología de la música de Ernest Ansermet (I) (Juan José Olives)
- Eduardo Rovira: tango y dodecafonismo (Leandro A. Martin)
- Estructuras perceptivas en la forma musical de Sciarrino (Juan Cruz Guevara) 
Música en la voz poética de Pepe Hierro (José Hierro) 
Procedimientos tecnológicos y creación sonora (Salvador Oriola Requena)
 
Fonte e enlace: CASA BEETHOVEN. Barcelona

miércoles, 23 de noviembre de 2016

MATERIAIS DAS VII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Fonte: Asesoría de BE de Galicia
 
A continuación e desde RedeBE copiamos o enlace aos materias das VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia que tiveron lugar o pasado fin de semana en Santiago de Compostela:
 

martes, 22 de noviembre de 2016

DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

 
Para poñer música a este día tan especial, este ano decidímonos por "The Beatles".
E para escoller un tema, falamos con Crisanto, o noso profesor de Historia da Música e un gran coñecedor do grupo.
 A continuación o tema elixido, nunha das súas infinitas versións:
 
"All you need is love"
 
 
Feliz día da música e dos músicos :)

E mirade qué tarde tan doce tivemos....

 
"Para todos estes Pequen@s Grandes Músicos do Conservatorio Xan Viaño, a Asociación Cultural e Recretativa O Peque Coro quérevos endulzar neste día, de igual forma que vos nos endulzades a vida coas vosas notas. VIVAN @S MÚSICOS.
Chuches aptas para celiacos".


 

lunes, 21 de noviembre de 2016

NOVIDADES CANTO

Esta semana catalogamos novos fondos de canto.
No enlace de abaixo coa OPAC poderedes consultar se están disponibles e a súa localización na biblioteca.
 
 
 Johannes Brahms, Complete Songs for Solo Voice and Piano, series II e IV
L. van Beethoven, Sämtliche Lieder
Mª Pilar Escudero, Educación de la Voz, vols. 1 y 2

Heinrich Panofka, Vocallizi per canto e pianoforte

26 Italian Songs and Arias
 

Enlace: OPAC 

TRIVIAL MUSICAL- Concerto 15 de decembro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 15 de decembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 9 de decembro (ata as 10:00 horas).
 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Saberías investigar en qué tonalidade está a Sinfonía nº 2 que vas escoitar no concerto?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Dentro de qué estilo se inclúe a Brahms?
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Decembro                                                                                             
Data: xoves 15 de decembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre


Real Filharmonía de Galicia
 

Antoni Ros Marbá, director

J. Brahms (1833-97): Concierto para piano núm 1. Sinfonía núm. 2

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

viernes, 18 de noviembre de 2016

NOVIDADES EN TUBA

Temos novidades en tuba e bombardino.
Desde o enlace a OPAC podedes consultar a súa localización e se están disponibles.

Enlace: OPAC

"Fantasía" de Gordon Jacob e "Études de style" de Couillard (1º cahier)

 "70 studies" de Vladislac Blazhevich (volume II) e "Daily Exercises" de Walter Hilgers

"Suite nº 4 for Tuba and Piano" de Alec Wilder

miércoles, 16 de noviembre de 2016

REVISTA EUFONÍA


Xa está disponible para a súa consulta en sala o número 69 da revista "Eufonía" correspondente a octubre, novembro e decembro (P.P/EUF 69)
No seguinte enlace podedes consultar o índice da publicación.
 

martes, 15 de noviembre de 2016

SOLICITUDE DE NÚMERO DE USUARIO


 
O bruxo Xanvi lembra a todos os que accedístedes ao conservatorio nun curso diferente ao 1º de Grao Elemental que podedes solicitar o voso número de usuario.
 Para isto teredes que cumprimentar unha solicitude dispoñible en conserxería e entregala á atención da coordinadora da biblioteca.
Na maior brevidade posible os comunicarán dito número (tamén en  conserxería).

Saúdos desde a biblioteca

sábado, 12 de noviembre de 2016

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO

A nosa recomendación para novembro:
 
 
Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol
18-25 de novembro 2016
Teatro Jofre
Auditorio de Ferrol


viernes, 11 de noviembre de 2016

PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO

 
 
Gracias ao empréstito interbibliotecario, e desde a Universidade de Valladolid para o profesor de historia da música Crisanto Gándara Eiroa:
Waterhouse, William: "The New Langwill Index. A Dictionary of Musical Wind-Instrument, makers and Inventors".

jueves, 10 de noviembre de 2016

NOVIDADES EN PERCUSIÓN

¡Hoxe temos novidades en percusión!
Desde o enlace a OPAC podedes consultar a súa localización e se están disponibles.
 
Enlace: OPAC
 
 
 Les claviers à percussions parcourent le monde, vols. 1 e 2

 Whaley, Garwood, Musical studies for the intermediate mallet player.
Zivkovic, Funny Marimba book I
 

miércoles, 9 de noviembre de 2016

CONVOCATORIA BIBLIOTECAS SOLIDARIAS 2016-17

Fonte: edu.xunta.es


 ¿Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?
 
Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo.
Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda).


Prazo para apuntarvos no programa: 15 de decembro inclusive.
 
 
Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta:
Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2016-17

martes, 8 de noviembre de 2016

REVISTA "ATURUXO"

 
Xa está a disposición dos usuarios a revista "aturuxo", o voceiro da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s (ano 2016, nº 15) [P.P ATU 15]

domingo, 6 de noviembre de 2016

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 18 e 19 de novembro

Cartel VII Xornadas
 
"Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.
Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo, integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade (biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de 10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).
A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía, a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Maria Conceição Tomé, Carlos C. Scolari e Fran Alonso".
 
 
 
 Este ano as artes son as protagonistas e haberá interesantes aportacións no campo da música. Desde a biblioteca estaremos atentos e enlazaremos con contidos que sexan colgados na rede por Bibliotecas Escolares.
 Un saúdo
 
 

miércoles, 2 de noviembre de 2016

BALANCE DAS VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA

 
De esquerda a dereita: Cristian, Bego, Pablo e Jorge.
 
A semana pasada tiveron lugar as visitas guiadas á biblioteca para 1º de Grao Elemental que estamos a facer no mes de outubro, coincidindo co mes das bibliotecas escolares.
  Arriba na foto, aparecen algúns dos intrépidos profesores que as fixeron.
A experiencia como sempre foi moi positiva: os rapaces xa saben o que poden atopar e cómo desenvolverse nela. Xa teñen os seus carnés de usuarios e moitas ganas de facer emprego deles.
 
Saúdos desde o equipo de biblioteca