TRIVIAL MUSICAL- Concerto 15 de decembro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 15 de decembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 9 de decembro (ata as 10:00 horas).
 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Saberías investigar en qué tonalidade está a Sinfonía nº 2 que vas escoitar no concerto?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: ¿Dentro de qué estilo se inclúe a Brahms?
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Decembro                                                                                             
Data: xoves 15 de decembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre


Real Filharmonía de Galicia
 

Antoni Ros Marbá, director

J. Brahms (1833-97): Concierto para piano núm 1. Sinfonía núm. 2

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS