Páginas vistas en total

miércoles, 7 de diciembre de 2016

A MÚSICA AMOROSA DAS PALABRAS

Fonte: Fundación Manuel María a través de Bibliotecas escolares
 
"O xoves 15 de decembro, ás 20 hrs, no teatro Colón da Coruña a Casa-Museo Manuel María porá por todo o alto o ramo ao fecundo ano das Letras Galegas para Manuel María. Os versos do poeta terán de novo o cálido acompañamento musical de tres grandes músicos da música galega actual, Uxía, Xabier Díaz e Guillerme Fernández.
O concerto, que leva por título A música amorosa das palabras, pon final ás actividades que este ano, aproveitando a efeméride, se foron desenvolvendo desde a Casa-Museo para difundir a obra de Manuel María entre o máis amplo público posíbel.
A entrada é de balde até completar o aforo, mais é preciso retirar o billete-invitación na billeteira do teatro o mesmo día 15 en horario de 12 a 14 hrs e de 17 a 20 hrs."
 
Esperamos que sexa de voso interese.
Un saúdo
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario