PEQUECORO, CONVIVENCIA

O pasado sábado 17 de decembro, aproveitando que tanto o Peque Coro como a Peque Banda tiñan ensaio extraordinario aproveitouse para facer unha xornada de convivencia.

A Asociación "O Peque Coro"púxose mans á obra e fíxose un obradoiro "Master Chef" cos mais pequenos namentres os maiores ensaiaban: cómo facer masa para pizza. Os rapaces e rapazas quedaron encantados e non se descarta facer máis.

  
 Despois de xantar houbo unha actividade e ANPA trouxo palomitas de maíz para todos  :)
  A xornada rematou ás 17:00 e nese momento entrou en acción o servizo de limpieza da Asociación para deixar todo ben limpo e recollido.





Galería de imaxes:
O noso vicedirector Marcos (esquerda) e a marabillosa pianista
Alexandra (dereita) cas mans na masa.




 

Diferentes imaxes do xantar
 Un rato para disfrutar do bo tempo
 Os nosos peque artistas no Auditorio

 Grazas coma sempre a Asociación "O Peque Coro" polo seu tempo, pola crónica e o material para poder compartilo.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS