Páginas vistas en total

miércoles, 22 de noviembre de 2017

ASOCIACIÓN O PEQUE CORO: 22 NOVEMBRO

  Desde hoxe ata o venres a Asociación Recreativa "O Peque Coro" porá palomitas de millo sen gluten para todos... :)






 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Durante este días poderedes consultar el memorándum do curso pasado da Asociación.
   
 
 
 

 

martes, 21 de noviembre de 2017

22 DE NOVEMBRO: DÍA DOS MÚSICOS

 
Vístedes o que fixo a Asociación Recreativa "O Peque Coro" no vestíbulo do Conser para conmemorar o noso día?
Pois xa veredes o que nos ten preparado!
 
Galería de imaxes:
 

 


viernes, 17 de noviembre de 2017

ASESORÍA: Cómo identificar noticias falsas - IFLA

 
 
Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia falaron a comezos de curso de cómo identificar noticias falsas. Desde aquí facémonos eco da interesante entrada que copiamos a continuación.
 Para ler máis, ir á fonte :)
 
"A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News
Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información, na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos.  (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma)."
 
Saúdos desde a Biblioteca

miércoles, 15 de noviembre de 2017

SERVIZOS: 16 DE NOVEMBRO



O xoves 16 de novembro a biblioteca permanecerá pechada
entre as 19:00 e as 20:00.

Disculpade as molestias

lunes, 13 de noviembre de 2017

domingo, 12 de noviembre de 2017

NOVIDADES EN CONXUNTO-CÁMARA, ORQUESTRA, BANDA E CORO


Grazas ás doazóns de AGADIC temos novas incorporacións ao fondo:

"Galicia danzas meigas", Rogelio Groba
"O camiño de Santiago", Henrique Saavedra
 "Inés e Bianca", Marcial de Adalid
 "Villancicos de nadal e Reis", José Baguedano
"Villancico extrafino", Juan Pérez
"Granada", Andrés Gaos
 "Sinfonía nº 1", Andrés Gaos
"Iacobum celebret", Ramón Palacio
"Suite introspectiva", Juan José Castro
"Benigne Fac Domino", Ramón Palacio
"Secuencias", Eligio Vila
"Misa solemne", Melchor López
"Iubilate deo", Melchor López
"Suite o xeito antigo", Andrés Gaos
"Chananea", Joám Trillo
"Adeus a Villa-Lobos", Juan José Castro
"De terra galega", Juan José Castro
"Concerto Grosso", Buono Chiodi
"Sede de Beleza", Joám Trillo
"Concerto para saxofón e 7 instrumentos", Xavier Mariño
Rehabilitación", Gloria Rodríguez
"Inquedanzas", Pablo Beltrán
"Sinfonietta en Fa", Fernando Alonso
"Celtia", Enrique Arroitajauregui
"Lugo-Ferrol", Gregorio Baudot
"Suite Vigo", Reveriano Soutullo
"Hermance", Reveriano Soutullo
"Non chores, Sabeliña", Gustavo Freire
"A noite do santo Cristo", Higinio Cambeses
"Pequena Rapsodia Galega", Víctor Ureña
"A mi pueblo Ponteareas", Reveriano Soutullo


 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Saúdos desde a biblioteca

sábado, 11 de noviembre de 2017

viernes, 10 de noviembre de 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 29 de novembro



 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 29 de novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.

 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro xoves 23 de novembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Cantas cordas ten un violoncello?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Saberías decir cal é a diferencia entre "ópera" e "zarzuela"?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Novembro                                                                                                  
Data: mércores 29 de novembro, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre



 
 Recital de ópera e zarzuela

Barítono: Borja Quiza
Piano: Fernando L. Briones

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 7 de noviembre de 2017

NOVIDADES: oboe e piano









Algunhas das novidades en óboe e piano
C. Franck, "Piève V"
W.A. Mozart, "Sonate after the Quartet for Oboe & Strings K370"
W. Ferling, "48 étudies Op. 31 pour hautbois ou saxophone"
Corelli-Barbirolli, "Concerto for oboe and strings" (óboe and piano)
Besozzi, "Sonata in C for oboe and piano"
G. Grovlez, "Sarabande et allegro"

 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

lunes, 6 de noviembre de 2017

NOVIDADES PARA CORDA FROTADA


Andrés Gaos,"Obras para violín e piano"
Andrés Gaos, "Obras para violoncelo e piano"
Andrés Gaos, "Sonata para violín e piano"
Andrés Gaos, "Fantasía para violino e orquestra"
 Berta Volmer, "Bratschenschule"
Manuel Quiroga, "Concerto en estilo antigo"
Václav Pichl, "Konzert D-Dur" para contrabajo

 
Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

sábado, 4 de noviembre de 2017

NOVIDADES: Marcial de Adalid


"Inés e Bianca", Drama lírico en 4 actos de Marcial de Adalid coa súa redución para canto e piano (C.O 13, *R5919 e C.P. 77, *R 5914)
 
Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

jueves, 2 de noviembre de 2017

VISITAS Á BIBLIOTECA

 Foto: grupo 1º A
 
 A pasada semana todos os alumnos de 1º de Grao Elemental realizaron unha visita guiada á biblioteca. Parece que lles gustou moito e xa coñecen mellor a súa biblioteca:
- os servizos que temos
- a localización dos diferentes fondos
- a interpretación das etiquetas (sinalización e signaturas)
e tamén se lles fixo entrega do seu carné!
 
Para ilustrar a entrada, inspirámonos na foto das Xornadas de Biblioteca deste curso: aquí temos todas as mans dun dos grupos de 1º e da súa profesora Catuxa sobre partituras...
 
Saúdos da vosa biblioteca

NOVIDADES PARA PIANO



Grazas á doazón de AGADIC temos novidades no fondo:

"Hispánicas" de Andrés Gaos
"Inés e Bianca", de Marcial de Adalid en reducción para piano
"Meditacións sobre un bemol" de José Luis Pedrosa
 "Miniaturas" de Andrés Gaos (Suite ao xeito antigo) en versión para piano
"Obras para piano (1)", de Juan Montes Capón )
"Preludios galegos" de Isidro Maiztegui
"Sinfonía nº 1", Andrés Gaos e a súa reducción para piano
"Sonata para piano" de Carlos Cambeiro
 "Sonatas para piano" , Haydn (éste é o único fondo que non ven de AGADIC)

Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

miércoles, 1 de noviembre de 2017

NOVIDADES


  Berta Volmer, "Bratschenschule" (doazón de Gabriel Alonso) (VA.M 3(2), *R5828)
Taffanel & Gaubert, "Méthode Complète" (FR.M 23, *R553)
 Haydn, "Sonatas para piano" (PI.S(H) 9, *R469)
Václav Pichl, "Konzert D-Dur" para contrabajo (CB.P 12, *R5829)


Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

SAMAÍN

Fonte: El club de los libros perdidos

sábado, 28 de octubre de 2017

NOVIDADE: Tomás Marco


 "Escuchar la música de los siglos XX y XXI" de Tomas Marco da fundación BBVA (H.M 56, *R5844)

Podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

jueves, 26 de octubre de 2017

VIII Xornadas de bibliotecas escolares

 
 
A continuación copiamos unha entrada da página de Bibliotecas Escolares de Galicia con motivo das vindeiras Xornadas. Ao final da entrada tedes un pre-programa o se algún/ha profesor/a se anima, tedes ao final da entrada o enlace para poder inscribiros na  actividade.
 
 
"Os vindeiros 1 e 2 de decembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, a cita anual do grande colectivo de profesorado que pon en pé as bibliotecas nos centros educativos, vinculado a temas de lectura e de educación para as competencias en medios e información, atento á complexidade social na que medra o alumnado, sensible á necesidade de acadar maiores cotas de igualdade... preocupado e ocupado, en definitiva, nalgúns dos grandes retos do mundo educativo actual.
Fiadas co lema das bibliotecas escolares para este curso 2017/2018, Aprender a pensar coa biblioteca escolar, as xornadas ofrecen oportunidade para o encontro entre profesionais de distintos niveis educativos, de distintas disciplinas, con experiencia variada pero co interés sempre vivo. Serán ocasión para coñecer en profundidade programas relacionados co tratamento da filosofía cos máis pequenos, analizar os cambios que se están a producir no amplo mundo das bibliotecas, coñecer os rudimentos do pensamento crítico, as posibilidades da educación mediática ou analizar as potencialidades da literatura infantil e xuvenil (da literatura en xeral), para espertar o gusto polo coñecemento e manter viva a capacidade de asombro. As xornadas serán plataforma para difundir experiencias de interese que se están a dar no contexto das bibliotecas escolares galegas relacionadas coa lectura, o voluntariado na biblioteca, o desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, a introdución da robótica, as alfabetizacións múltiples, a evolución do modelo de biblioteca ou o desenvolvemento de proxectos a través de metodoloxías activas, con moi distintas temáticas.
O prazo de inscrición remata o 31 de outubro e deberá facerse a través da aplicación FPROFE buscando a actividade co código G1702011"
 
 

miércoles, 25 de octubre de 2017

QUODLIBET 64


 
Xa están disponibles o número 64 da revista Quodlibet e a súa separata.
Nesta ocasión a separata é "Música incidental para el Misterio de los Reyes Magos" de Manuel de Falla -con edición y estudio a cargo de Yvan Nommick- cunha agrupación interesante: clarinete en sib, violín, laúd, clave e voces infantiles.

A separata está catalogada como MC.AD 20 (*R5848) e podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

martes, 24 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO: día da biblioteca

Fonte: YouTube.com
 
24 de octubre
"A mí lo que más me ha gustado del libro es María porque es igual que la seño Lourdes. Vive en la biblioteca porque si no los libros a lo mejor se van. O se mueren. Es que es bibliotecaria. O sea, como Mary Poppins pero sin alas"
Con esta inocencia describió un niño a las bibliotecarias en un encuentro con el escritor Alejandro Palomas que recoge en el pregón para el Día de la Biblioteca 2017 sus palabras.
Como cada año desde 1997 la Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil en colaboración con el Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conmemoran el Día de la Biblioteca en recuerdo a la destrucción de la Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante la Guerra de los Balcanes.
Este año los elegidos para la redacción del pregón y el diseño del cartel fueron el escritor catalán Alejando Palomas (Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil)  y el madrileño Manuel Marsol (Premio Internacional de Ilustración Feria de Boloña-Fundación SM).
El acto central de conmemoración tendrá lugar el 24 de octubre en Talavera de la Reina (Toledo). Además, en la Red de Bibliotecas de Galicia son muchas las actividades que se organizan para celebrar este día. Recordad que podéis estar informados de las diferentes actividades y actos consultando la Agenda Cultural de Galicia.
 
Feliz día de la Biblioteca a todas y todos"
 
 

sábado, 21 de octubre de 2017

NOVIDADES CONXUNTO, BANDA E ORQUESTRA


Temos novidades en biblioteca:
 
"Concerto para saxofón e sete instrumentos" (dúas copias) de Xavier Mariño (MC.AD 18 e 19) (doazón de AGADIC)
 "Suite introspectiva" de Juan José Castro (O.S 87) (doazón de AGADIC)
"Highlights from Carmen" de Georges Bizet e "2001, A Space Odyssey" de Richard Strauss (O.B 23 e 24)
 
 Podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Saúdos desde a biblioteca

NOVIDADES: ARPA DÚOS

 
Marcel Tournier, "Quatre Préludes", ed. Alphonse Leduc para dos arpas (AR.D 2-3)

 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Saúdos desde a biblioteca

jueves, 19 de octubre de 2017

NOVIDADES: LI.MU

Temos novidades na biblioteca:

Rafael García, Técnica Alexander para músicos. La "zona de confort": salud y equilibrio en la música da editorial, Ma non troppo (LI.MU 120).

 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

Saúdos desde a biblioteca

miércoles, 18 de octubre de 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 9 de novembro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 9 de novembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 6 de novembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Enumera alomenos 5 instrumentos orquetrais

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Cal dos compositores do programa que escoitarás no concerto pertence ao Clasicismo?
 
¡¡¡Moita sorte!!!
 Novembro                                                                                                  
Data: xoves 9 de novembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Director: Eliahu Inbal
Piano: Varvara Nepomnyashchaya
 
Programa:
Devorák (1841 - 1904 ): Sinfonía número 9 "Do novo mundo"
Mozart (1756 - 1791): Concerto para piano número 27
Stravinsky (1882 - 1971) : Petite suite número 2

 

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 17 de octubre de 2017

VISITAS Á BIBLIOTECA: datas

Entre os días 23 e 27 de outubro os alumnos de 1º de Grao Elemental teñen unha cita coa biblioteca pois haberá "visitas guiadas".
Nelas trataranse os seguintes aspectos:
- A localización dos diferentes fondos: audiovisuais, publicacións periódicas, obras para consulta, libros e partituras.
- A interpretación das etiquetas: sinalización e signatura de cada especialidade
- Coñecemento dos servizos que ofrecemos
- A entrega dun tríptico informatico e do carné de usuario
As visitas terán o seguinte horario dentro das súas clases de Linguaxe Musical:

1º A: luns 23 (17:00-17:30)
1º B: venres 27 (17:00-17:30)
1º C: luns 23 (19:00-19:30)
1º D: xoves 26 (19:00-19:30)
1º E: luns 23 (20:30-21:00)