Páginas vistas en total

lunes, 30 de enero de 2017

DIA ESCOLAR DA NO VIOLENCIA E A PAZ

Mahatma Gandhi (1869-1948). Fonte: Biografía Gandhi

A celebración do "Día Escolar da No Violencia e a Paz" foi recoñecida pola ONU en 1993 para conmemorar ao gran pacifista Mahatma Gandhi.
 
Ao elixir un tema para este día pensamos nas influencias hindúes... eliximos un tema de Anoushka Shankar e Norah Jones (fillas do que foi o gran sitarista Ravi Shankar): "Traces of you"
 
 
Fonte: YouTube.com
 
"Traces of you": Music video by Anoushka Shankar, Norah Jones performing Traces Of You. (C) 2013 Deutsche Grammophon GmbH, Berlin


Esperamos que vos guste e para informarvos dos actos organizados esta semana no centro lembrade que podedes consultar o Facebook do Conservatorio.
 

sábado, 28 de enero de 2017

DOAZÓN PARTITURAS CLARINETE


Hai dúas novas incorporacións aos fondos de clarinete grazas á unha doazón (CA.M 25 y CA.P 95):
Dangain, Guy: L'A.B.C. du jeune clarinettiste, Gérard Cillaudot
Harris, Paul: Music Through Time, Clarinet book 1 (Grades 1-2)
 
 Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

jueves, 26 de enero de 2017

SERVIZOS DE BIBLIOTECA O VENRES 27



venres 27 de xaneiro terá lugar na biblioteca un curso de óboe entre as 16h e as 21h.
Durante a súa celebración a biblioteca só manterá os servizos de empréstito e devolución.
A entrada será pola outra porta
 Moitas grazas

lunes, 23 de enero de 2017

TRIVIAL MUSICAL, 9 de febrero


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 9 de febreiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 3 de febreiro (ata as 10:00 horas).
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: O concerto inclúe a tuba como instrumento solista. Cal de estes instrumentos é unha tuba?

A                                        B.                                                                  C.

  
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Comenta brevemente o estilo dun dos compositores do programa.
¡¡¡Moita sorte!!!
 Febreiro                                                                                                  
Data: xoves 9 de febreiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
  
José Trigueros, director 
Jesper Nielsen, tuba

Leo Weiner (1885-1960): El príncipe Csongor y los duendes
F. Mosquera (1957 - ): Concierto para tuba y orquesta
H. Dutilleux (1916 - 2013): Sinfonía n.2 Le Double

sábado, 21 de enero de 2017

HOMENAXE A ROBERTO CASTELEIRO, 19 xaneiro

 O pasado día 19 de xaneiro ás 18:00 da tarde no salón de actos do conservatorio tivo lugar unha fermosa homenaxe a Roberto Casteleiro (1939-2016) organizado polo equipo de normalización lingüística e coa colaboración da Comisión Amigos de Roberto Casteleiro.



 
Enlaces a videos*:
 
* Grazas á Asociación "O Peque Coro" polo material e a súa edición.
 
Galería de imaxes
 
Alma Cendán, Normalización Lingüística 






 


miércoles, 18 de enero de 2017

RECORDATORIO CONCERTO: Sociedad Filarmónica Ferrolana, 19 xaneiro

 
10 alumnos do centro van poder asistir a el grazas a Sociedad Filarmónica Ferrolana.
 
 Xaneiro                                                                                                  
Data: xoves 19 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
 
Andrés Salado Egeas, director   
Asier Polo, violonchelo

A. Copland (1900-90): Fanfare for the Common Man
A. Ginastera (1916-83): Concierto para violonchelo n.2
W. Lutoslawski (1913-94): Concierto para orquesta

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 17 de enero de 2017

ESCUELA DE MÚSICA REINA SOFÍA: SUMMER CAMP

 
Para baixar a imaxe lexible: Preme aquí
 

XIIIº CONCURSO "Xan Viaño" DE CREACIÓN MUSICAL

Fonte: Conservatorio Facebook
 
As especialidades de Composición, Linguaxe Muiscal e Música Tradicional do Conservatorio convocan o XIII Concurso "Xan Viaño" de Creación Musical.
A continuación enlazamos co tríptico (anverso e reverso) por si é de voso interese.
 
Animádevos! :)

 

viernes, 13 de enero de 2017

ATENCIÓN: TRIVIAL MUSICAL - concerto 19 de xaneiro


A data límite para recibir os vosos correos AMPLÍASE ata o vindeiro  
martes 17 de xaneiro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Cantas cordas ten un violoncello?
 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: todo o programa do concerto pertence ao Barroco ¿verdadero ou falso?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Xaneiro                                                                                 
Data: xoves 19 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Andrés Salado Egeas, director   
Asier Polo, violonchelo

A. Copland (1900-90): Fanfare for the Common Man
A. Ginastera (1916-83): Concierto para violonchelo n.2
W. Lutoslawski (1913-94): Concierto para orquesta

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

miércoles, 11 de enero de 2017

11 DE XANEIRO: DÍA DO USUARIO/A

PARA OS/AS QUE TIRAN PROVEITO DAS BIBLIOTECAS
 
 Fonte: google.es
  

"As bibliotecas conmemoran o Día do Usuario/a con actividades e recoñecementos para os lectores máis activos

As bibliotecas centrais territoriais e a Biblioteca de Galicia promoven arredor do 11 de xaneiro unha programación especial para celebrar esta data, que abre o Calendario do Libro e da Lectura
Visitas guiadas, obradoiros, incremento do número de préstamos e sorteos de libros son as principais propostas da programación, que rematará o sábado 14 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca de Galicia, cun recital poético-multimedia a cargo de Yolanda Castaño"
 
 
Se visitades a páxina teredes enlaces a Axenda de Cultura onde está toda a programación para o Día do Usuario e Usuaria das Bibliotecas.

lunes, 9 de enero de 2017

TRIVIAL MUSICAL, 19 de xaneiro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 19 de xaneiro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 16 de xaneiro (ata as 10:00 horas).
 

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: ¿Cantas cordas ten un violoncello?
 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: todo o programa do concerto pertence ao Barroco ¿verdadero ou falso?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Xaneiro                                                                                                  
Data: xoves 19 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
 
Andrés Salado Egeas, director   
Asier Polo, violonchelo

A. Copland (1900-90): Fanfare for the Common Man
A. Ginastera (1916-83): Concierto para violonchelo n.2
W. Lutoslawski (1913-94): Concierto para orquesta

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

domingo, 8 de enero de 2017

RECORDATORIO CONCERTO: SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA, 9 xaneiro


 Xaneiro                                                                                                  
Data: luns 9 de xaneiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Joven de la OSG
 
Director: Rubén Gimeno
Piano: Manuel Casares Gesta
 
L.V. Beethoven (1770-1827): Concierto para piano y orquesta nº 5 op 73 "Emperador"
S. Prokófiev (1891-1953): Sinfonía nº 5 op 100

  

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

jueves, 5 de enero de 2017

FELIZ NOITE DE REIS 2017

 Fonte: YouTube

 Desde a biblioteca pedímoslles que nunca nos falte a música
 
E vós, fostes bos? ;)

martes, 3 de enero de 2017

MOSTRA DE CORAIS DE MAIORES (E PEQUENOS) 2016

Enlazamos co video da Mostra de Corais de Maiores que tivo lugar o pasado 27 de decembro de 2016 e na que estivo presente o Conservatorio de Ferrol:
Fonte: YouTube. Canal 31. TV Local de Ferrol
 
Presentadora da gala: Sandra Rego
(A orde que figura a continuación segue a orde do video)
 
Coral "Airiños de Caranza" (2'40):
Sementeira, Fuxan os ventos
Compañeira, Fuxan os ventos
Na noite máis fermosa, canción popular portuguesa
Cantiga de Camariñas, canción popular galega
Vinde, Vinde

Desiré Prieto Fraga (22'00):
Rosa de Abril, Andrés Gaos
 
Coro da Fundación Ferrol (27'17'')
Un viejo amor
O nacemento
Silencio
Samba de mi esperanza
 
Peque Coro coa presentación da súa directora Catuxa (32'40''):
Pobre mariposa, Silvia Furno
Coro da Frauta Máxica, W. A. Mozart
Sing to me, Sally K. Albrecht  
Volver, Carlos Gardel e Alfredo Le Pera 
O carro, Fuxan os ventos 
O sol brilla alto,
 
Palabras da conselleira de benestar social e entrega de agasallos (56'00'')
 
 Rondalla (1h02'09'')
 
Sara Permuy Blanco (1h18'06):
Cantarcillo de Seis cancións castellanas, Eduard Toldrà
 
Coro Universitario Sernor do Campus de Ferrol (1h 22'45''):
Ave Verum, W.A. Mozart
Caminito del Indio, Fernando Cabero
Campanas de Navidad, Alejandro Vívolo
Bicos de Paz, Jesús Pareja
Los ángeles de la Gloria, Abel di Marco
Gloria al Niño, Mendelsshon
 
Coros de Grao Profesional 1º-6º (no emitidas)
We wish you a Merry Christmas
O Tannembaum