11 DE XANEIRO: DÍA DO USUARIO/A

PARA OS/AS QUE TIRAN PROVEITO DAS BIBLIOTECAS
 
 Fonte: google.es
  

"As bibliotecas conmemoran o Día do Usuario/a con actividades e recoñecementos para os lectores máis activos

As bibliotecas centrais territoriais e a Biblioteca de Galicia promoven arredor do 11 de xaneiro unha programación especial para celebrar esta data, que abre o Calendario do Libro e da Lectura
Visitas guiadas, obradoiros, incremento do número de préstamos e sorteos de libros son as principais propostas da programación, que rematará o sábado 14 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca de Galicia, cun recital poético-multimedia a cargo de Yolanda Castaño"
 
 
Se visitades a páxina teredes enlaces a Axenda de Cultura onde está toda a programación para o Día do Usuario e Usuaria das Bibliotecas.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS