Páginas vistas en total

domingo, 26 de febrero de 2017

NOVA DOAZÓN

 
 Esta semana tivemos unha nova doazón. O seu antigo dono foi músico profesional de banda.
Comezaremos en breve o expurgo e a súa catalogación e estaredes informados do que atopemos
Un saúdo desde biblioteca

QUODLIBET Nº 63 e separata


Xa están disponibles o número 63 da revista Quodlibet e a súa separata.
Nesta ocasión a separata é o cuarteto de cuerda "Tres estancias para una reina" de Consuelo Díez. Está catalogado como MC.C 50 (*R5807) e podedes ver a súa disponibilidade na OPAC

sábado, 25 de febrero de 2017

NOVIDADES EN SEÑALIZACIÓN

 
Desde esta semana temos unha nova sinalización: unha distribución temática dos fondos.
Comentar que é provisional en espera de que nos cheguen os andéis novos pedidos e podamos completar o pasillo da dereita. Así mesmo o fondo "Xan Viaño" aínda está xunto cas obras de referencia pero esperamos poder facer o cambio a súa ubicación definitiva pronto.
 

 A lenda de cores correspóndese cas cores xa empregadas nos andéis e cas etiquetas nos fondos novos que xa se están a incorporar:
instrumentos: azul
amarelo: acompañamento, composición, historias
vermello: cámara, coro, orquestra e banda
verde: linguaxe
laranxa: literaturas
rosa forte: interpretación
rosa suave: recursos musicais
beige: pedagoxía
Lembrade que os andéis están numerados na esquina esquerda arriba.
 
Esperamos que o atopades útil
Un saúdo desde biblioteca
 

viernes, 24 de febrero de 2017

III ENCONTRO DE COROS INFANTÍS

Cuña en radio

Non deixades de consultar o Facebook do Conservatorio para estar ao tanto de todas as actividades organizadas.
Un saúdo
 
 

miércoles, 22 de febrero de 2017

BENVIDOS ArtEduca

 
Entrada ao Conservatorio feito polo ANPA

 "Este venres 24 chegan ao Conservatorio de Ferrol 11 alumnos e 5 profesores da escola de música ArtEduca de Famalicao (Portugal).
 Durante o venres e o sábado, temos actividades compartidas, clases, concerto, visita á cidade de Ferrol... O venres é destacable o concerto ás 19:39h no auditorio do noso conservatorio onde actuará o ensemble de corda de alumnos de Portugal e no que participarán tamén alumnos do noso centro en varias pezas. Os alumnos son de corda e son alumnos de Grao Profesional. A entrada ao concerto é libre ata completar aforo. Interpretarán entre outras pezas de A. Corelli, Angel Villoldo, S. Joplin, D. Stone...".
 

domingo, 19 de febrero de 2017

ACTIVIDADES da semana da Paz (30 xaneiro-3 febreiro)


A finais de xaneiro e primeiros de febrero, tiveron lugar as diferentes actividades organizadas con motivo do día da Paz que celébrase o 30 de xaneiro.
Como sabedes, estas xornadas da Paz contaron coa colaboración da "Cociña Económica de Ferrol", e a tal motivo benéfico habilitouse no hall do conser contenedores para deixar alimentos. Grazas a todos os que participástedes dun ou outro xeito.
 
A continuación enlazamos con algunhas das actuacións que tiveron lugar o 3 de febrero no Auditorio de Ferrol.

A Peque Banda:
 
O Peque Coro e a Peque Banda

sábado, 18 de febrero de 2017

Suxestións

Fonte: google.es
 
Lembrade que podedes mandarnos suxestións ao correo electrónico da biblioteca (non esquecedes poner no asunto "SUXESTIÓNS").
 

viernes, 17 de febrero de 2017

MATERIAIS DAS XORNADAS DE BE


Fonte: Bibliotecas escolares de Galiza

 Os pasados 18 e 19 de novembro tieron lugar as VII Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia.
Este ano as artes foron as protagonistas e houbo interesantes aportacións no campo da música.
Desde a biblioteca enlazamos cos contidos subidos á rede por Bibliotecas Escolares.
 Un saúdo
 

miércoles, 15 de febrero de 2017

TRIVIAL MUSICAL, 24 de marzo


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 24 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 17 de marzo (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: O concerto de Tchaikovsky está en Re M... qué alteracións e cantas atoparías na armadura?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: qué compositor é noruego, Grieg ou Tchaikovsky?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Marzo                                                                                                  

Data: venres 24 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

   Real Filharmonía de Galicia
Manuel Hernández Silva, director   
 Amaury Coetaux, violín

E. Grieg (1843-1907): Sinfonía en do m
P. I. Tchaikovsky (1840-1893): Concierto para violín en Re M, op.35

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

GUÍA DA JONDE 2015


Xa está disponible a Guía de planificación pedagógixa XIX do 2015 da Joven Orquesta Nacional de España (R.C 104)
 Lembrade que os fondos de consulta non se emprestan pero podedes consultalos na biblioteca.
Un saúdo

martes, 14 de febrero de 2017

TALLER DE ELENA ROSSO: galería de imaxes

Fonte: Facebook do Conservatorio Xan Viaño
 
 Os pasados 20, 21 e 22 de xaneiro tivo lugar o Taller Coral de Elena Rosso con gran participación.
A continuación subimos algunhas fotos cortesía da Asociación Cultural e Recreativa "O Peque Coro".
 
Galería de imaxes:
 
 De esquerda a dereita: Alexandra Pita (pianista acompañante), Catuxa Pita
(directora de "O Peque Coro") e Elena Rosso, a profesora invitada.
 
 
 
 


 

sábado, 11 de febrero de 2017

RECOMENDACIÓN DE FEBREIRO PARA MARZO: Pórtico do Paraíso

 
Desde Ourense, "Pórtico do Paraíso", Festival Internacional de Música na súa décima edición.
Se podedes, non volo perdades.
 
Para máis información aquí tedes o enlace á súa páxina web: Pórtico do Paraíso
 
Aquí podedes descargar o díptico deste ano:  Díptico 01 y  Díptico02

jueves, 9 de febrero de 2017

DOAZÓN LITERATURA INFANTIL

 
Desde hoxe a materia de "literatura infantil" ten novas aventuras de Gerónimo Stilton grazas a unha doazón (LI.I 69-73)
Tes media hora entre linguaxe e instrumento? Queres relaxarte un pouco? Os libros de Stilton do colexio están emprestados? Pásate pola biblioteca ;)
 
 Podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

martes, 7 de febrero de 2017

RECORDATORIO CONCERTO: Sociedad Filarmónica Ferrolana, 9 febreiro


Alumnos do centro van poder asistir a el grazas a Sociedad Filarmónica Ferrolana.

 Febreiro                                                                                                  
Data: xoves 9 de febreiro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
  
José Trigueros, director 
Jesper Nielsen, tuba

Leo Weiner (1885-1960): El príncipe Csongor y los duendes
F. Mosquera (1957 - ): Concierto para tuba y orquesta
H. Dutilleux (1916 - 2013): Sinfonía n.2 Le Double

sábado, 4 de febrero de 2017

INCORPORACION DE ETIQUETAS DE CORES

Un fondo de linguaxe musical (verde)
 
 Desde o pasado mes e xaneiro e equipo de biblioteca estamos a incorporar etiquetas de cores seguindo ca clasificación que xa estaba a funcionar para os fondos de nova adquisición e para as etiquetas que requiren renovación.
 Polo momento nas materias de instrumento (azul), conxunto (vermello), teóricas (amarelo) e linguaxe musical (verde) pero en breve seguiremos co resto.
É un elemento mais dentro do apartado de sinalización que estamos a intentar mellorar.
Un saúdo desde biblioteca