TRIVIAL MUSICAL, 24 de marzo


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 24 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 17 de marzo (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: O concerto de Tchaikovsky está en Re M... qué alteracións e cantas atoparías na armadura?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: qué compositor é noruego, Grieg ou Tchaikovsky?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Marzo                                                                                                  

Data: venres 24 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

   Real Filharmonía de Galicia
Manuel Hernández Silva, director   
 Amaury Coetaux, violín

E. Grieg (1843-1907): Sinfonía en do m
P. I. Tchaikovsky (1840-1893): Concierto para violín en Re M, op.35

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS