TRIVIAL MUSICAL, 30 de marzo


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 30 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 24 de marzo (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
O concerto para piano e orquestra de Brahms está en Sib M; cantos bemoles ten na armadura?

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Saberías decir cómo se coñece tamén á sinfonía nº104 de Haydn?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Marzo                                                                                                  
Data: xoves 30 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Dima Slobodeniouk, director     
   Nelson Freire, piano

Haydn (1732-1809): Sinfonía n.104
Brahms (1833-1897): Concierto para piano y orquesta n.2

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS