TRIVIAL MUSICAL EXPRÉS, concerto 15 de marzo de 2017


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro mércores 15 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 13 de marzo (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: Escribe tres términos relativos á agóxica (os que queiras)

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define brevemente "Zarzuela"
¡¡¡Moita sorte!!!
 Marzo                                                                                                  

Data: mércores 15 de marzo, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre

Sexteto Manuel del Pino "Una noche de zarzuela"
 
Programa:
Fernández Caballero: Dúo de la Africana
Granados: Quintento del Sol
Falla: El amor brujo (pantomina y danza ritual del fuego)
Moreno Torroba: Luisa Fernanda (selección)
Barbieri: El barberillo de Lavapiés.

 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS