Páginas vistas en total

viernes, 28 de abril de 2017

NOVA DOAZÓN DA ASOCIACIÓN RECREATIVA "O PEQUE CORO"

Ay! Qué ilusión!, Qué será,... será....?
 


 Grazas á Asociación Recreativa "O Peque Coro" e co gallo do día do Libro temos dúas novas incorporacións ao fondo da biblioteca:
 
 "Os soños da gaiola", de Suso Vaamonde (LI.I 84 *5814) e "De Pepito Arriola a Hildegart" de Fco. Martínez López e Ventura Ferrer Delso (H.B 178, *R5813)
 
 Moitísimas grazas!
 Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC

jueves, 27 de abril de 2017

miércoles, 26 de abril de 2017

RECORDATORIO CONCERTO 27 abril: Sociedad Filarmónica Ferrolana

Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana o Conservatorio dispón de 10 invitacións  para o concerto do xoves 27 de abril.
 
 Se estades interesados podedes recoller as invitacións en Conserxería. Se darán por estricta orde de chegada cun máximo de dúas entradas por persoa.
Lembramos a información:

 Abril                                                                                                  
Data: xoves 27 de abril, ás 20.30 h
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Dennis Russel Davies, director   
Solistas OSG

J. Haydn: Sinfonía concertante
A. Bruckner: Sinfonía n.6

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

TRIVIAL MUSICAL, 12 de maio


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 12 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 5 de maio (ás 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: cal destes instrumentos é unha viola?

A.  B.

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en qué obra de Wagner atopamos "os murmurios do bosque" de Sigfrido?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Maio                                                                                                  
Data: venres 12 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Real Filharmonía de Galicia
Diego García Rodríguez, director   
Krysztof Chorzelski, viola

R. Wagner (1813-83): Murmullos del bosque de Sigfrido
K. Penderecki (1933 - ): Concierto para viola
G. Mahler (1860-1911): Blumine
L. Janacek (1854 - 1928): Jenufa Rhapsody


 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 25 de abril de 2017

CHARLA INFORMATIVA E SERVIZOS - 27 DE ABRIL



O vindeiro XOVES 27 DE ABRIL terá lugar na biblioteca unha

 CHARLA INFORMATIVA SOBRE OS ITINERARIOS E OPTATIVAS EN 6º DE G.P.
Durante a súa celebración a biblioteca só manterá os servizos de empréstito e devolución.
 
 Moitas grazas e disculpade as molestias

lunes, 24 de abril de 2017

INVITACIÓNS CONCERTO 27 DE ABRIL


Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana o Conservatorio dispón de 10 invitacións  para o concerto do xoves 27 de abril.
 
 Se estades interesados podedes recoller as invitacións en Conserxería. Se darán a partir de mañana martes 25 de abril ás 16:00 por estricta orde de chegada cun máximo de dúas entradas por persoa.
Lembramos a información:

 Abril                                                                                                  
Data: xoves 27 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Dennis Russel Davies, director   
Solistas OSG

J. Haydn: Sinfonía concertante
A. Bruckner: Sinfonía n.6

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

CONCURSO BANDAS SONORAS

"TÓCAA OUTRA VEZ XAN"
6 abril de 2017
 
 Hoxe colgamos uns enlaces aos videos de diferentes actuacións que tiveron lugar no Auditorio de Ferrol no concurso de "Interpretacións de Bandas sonoras" organizado polo ANPA en xa a súa VI edición.
Na vidriera do Salón de Actos do Conservatorio tedes fotos do concurso... están xenial!
A continuación un pequeno recordatorio gráfico e enlaces a videos:

G.E.
Categoria de : solistas, dúos , trios e cuartetos . 
Primeiro premio; A Bela e a Besta
 Segundo premio : A Sirenita  
Terceiro premio: Illa do Tesouro
 
Categoria Agrupacións
Forrest Gump
 
G.P.
Categoria de solistas,duos,trios, cuartetos
Primeiro premio:  La La Land
Segundo premio: Cinema Paraiso
 
Terceiro Premio : Shrek  
 
Cuarto premio: Desayuno con diamantes
Quinto premio : Sherlot homs
  
Categoria Agrupaciones
Primeiro premio: Skyrin
Segundo premio Rocky
 
Terceiro premio la la Land
 
 Todos os participantes ademáis levaron vales desconto nun centro óptico Ferrol, camisetas e gorras telepizza 

TMM actuou fora de concurso despois de actuar todos os participantes para amenizar ao público 

 
 
Galería de fotos e actuacións:




















 
 

25º ,"La La Land ",

viernes, 21 de abril de 2017

23 DE ABRIL: FELIZ DÍA DO LIBRO

Fonte: Entrelectores

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. Asesoría

 
"Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. "
 
 

jueves, 20 de abril de 2017

COLABORACIÓN CA CENTRAL LIBRERA

 
c/ Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña
Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54
 
Con motivo da conmemoración do Día do Libro (23 de abril), desde hoxe ata o 27 de abril na biblioteca do noso Conservatorio, e ca colaboración do establecemento ferrolán "Central Librera" da rúa Real, haberá unha pequena exposición e venda de libros de temática musical que pode resultar de interés para a toda a comunidade educativa.   

 
 
 Podedes consultar os títulos expostos nos seguintes enlaces: 

Os títulos e prezos son moi interesantes xa que sobre o P.V.P. o establecemento fará un 10 % de desconto tanto ao profesorado como ao alumnado.
 
Se eres pai ou nai e queres pasarte podes facelo recollendo previamente unha autorización en conserxería.
 Se estades interesados nalgún dos títulos falade cos profesores de garda en biblioteca ou ca coordinadora (Águeda).
Esperamos que sexa do voso agrado.

Feliz Día do Libro :)
 
  
Twitter_:     https://twitter.com/centralibrera
Blog_:         
centrallibrera.wordpress.com/

Pequena galería de imaxes:
 
 
 

miércoles, 19 de abril de 2017

INVITACIÓNS CONCERTO 21 DE ABRIL


Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana o Conservatorio dispón de 6 invitacións  para o concerto do venres 21 de abril.
 
 Se estades interesados podedes recoller as invitacións en Conserxería. Se darán apartir de hoxe mércores 19 a partir das 16:00 por estricta orde de chegada cun máximo de dúas entradas por persoa.
Lembramos a información:

 Abril                                                                                                  
Data: venres 21 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Real Filharmonía de Galicia

Fabien Gabel, director    
Eric La Sage, piano

F. Mendelssohn: Obertura de Ruy Blas
R. Schumann: Concieto para piano en la m, op. 54
A. Honegger: Sinfonía nº 4 (Deliciae Basiliensis)

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

martes, 18 de abril de 2017

RECORDATORIO CONCERTO 21 abril: Sociedad Filarmóncia Ferrolana

 Abril                                                                                                  
Data: venres 21 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Real Filharmonía de Galicia

Fabien Gabel, director    
Eric La Sage, piano

F. Mendelssohn: Obertura de Ruy Blas
R. Schumann: Concieto para piano en la m, op. 54
A. Honegger: Sinfonía nº 4 (Deliciae Basiliensis)

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

viernes, 7 de abril de 2017

TRIVIAL MUSICAL, 27 de abril


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 27 de abril. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 24 de abril (ata as 10:00 h).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: define intervalo musical.

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: define brevemente "sinfonía".
¡¡¡Moita sorte!!!
 Abril                                                                                                  
Data: xoves 27 de abril, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Dennis Russel Davies, director   
Solistas OSG

J. Haydn: Sinfonía concertante
A. Bruckner: Sinfonía n.6

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

jueves, 6 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO: EXPOSICIÓN

 
 Na biblioteca xa estamos preparando a exposición que facemos todos os anos con motivo do Día do Libro...
Manterémosvos informados e namentres podedes consultar algúns dos libros que teremos expostos nesa exposición para a súa venda na biblioteca.
 
 
Catálogo2
 
CENTRAL LIBRERA REAL
C/Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña
Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54

Mail: centrallibrera@gmail.com
Web: www.centrallibrera.net

Visitanos en:
Facebook:  https://www.facebook.com/centralibrerareal

lunes, 3 de abril de 2017

RECORDATORIO: V CICLO DE CONFERENCIAS


Desde a biblioteca facémonos eco desta interesante conferencia a cargo de Maximino Zumalave.
 5 de abril de 2017 ás 19 h no Salón de actos del antigo hospicio en Amboage
Esperamos que sexa de voso interese

sábado, 1 de abril de 2017