Páginas vistas en total

martes, 2 de mayo de 2017

RECORDATORIO: TRIVIAL MUSICAL. Concerto 12 de maio


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 12 de maio. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 5 de maio (ás 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: cal destes instrumentos é unha viola?

A.  B.

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en qué obra de Wagner atopamos "os murmurios do bosque" de Sigfrido?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Maio                                                                                                  
Data: venres 12 de maio, ás 20.30 horas
Sala: Teatro Jofre
Real Filharmonía de Galicia
Diego García Rodríguez, director   
Krysztof Chorzelski, viola

R. Wagner (1813-83): Murmullos del bosque de Sigfrido
K. Penderecki (1933 - ): Concierto para viola
G. Mahler (1860-1911): Blumine
L. Janacek (1854 - 1928): Jenufa Rhapsody


 Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario