Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 19 de Outubro

Imaxe
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro  xoves 19 de outubro . Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.   A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 16 de outubro (ata as 10:00 horas). PREGUNTA GRAO E

Andeis...

Imaxe
Os profesores con gardas en biblioteca ordenamos andeis... e ás veces non é doado. Desde o Equipo de Biblioteca pregamos coidado e sorte a todos os/as profesores/as.      Fonte: youtube

ESTREAMOS TRIVIAL MUSICAL - Concerto 28 de setembro

Imaxe
  Aínda non comezaron as clases pero apetécete asistir a un concerto?  Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro  xoves 28 de setembro . Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.   A data límite para recibir os vosos correos é o

APERTURA DA BIBLIOTECA - 22 de setembro

Imaxe
        A Biblioteca "José Fontenla Leal" abrirá as súas portas o vindeiro venres 22 de setembro   Bo comezo de curso a todos

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
Xa están disponibles para a súa consulta en sala os últimos números das siguientes publicacións periódicas: Autuxo más JAZZ Aula de Secundaria Eufonía

CURSO 2017-18

Imaxe
Fonte: Bibliotecas escolares de Galicia "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual.  A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación  gráfica. Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais,