Páginas vistas en total

viernes, 29 de septiembre de 2017

TRIVIAL MUSICAL - Concerto 19 de Outubro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 19 de outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 16 de outubro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
Define intervalo musical.

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Define brevemente "sinfonía".
¡¡¡Moita sorte!!!
 Outubro                                                                                                  
Data: xoves 19 de outubro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Director: Pablo González
Clarinete: Iván Marín
Programa:
Octavio Vázquez (1972 - ): Eleusis
Nielsen (1865 - 1931): Concerto para clarinete
Mussorgsky (1839 - 1881) : Cadros dunha exposición

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario