TRIVIAL MUSICAL - Concerto 14 de decembro


 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro xoves 14 de decembro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.
 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 11 de decembro (ata as 10:00 horas).

PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:
 Define brevemente "O Peque Coro do Xan Viaño" :)

 PREGUNTA GRAO PROFESIONAL:
Cantas sinfonías compuso Schubert?
¡¡¡Moita sorte!!!
 Decembro                                                                                                 
Data: xoves 14 de decembro, ás 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol

Orquestra Sinfónica de Galicia
Director: Dima Slobodeniuk
Piano: Varvara Nepomnyashchaya
Programa:
Sibelius (1865 - 1957 ): A filla de Pohjola
Schubert (1797 - 1828): Sinfonía número 5
Chaikovski (1840 - 1893) : Sinfonía número 4

  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS