Páginas vistas en total

miércoles, 17 de enero de 2018

IX PREMIOS Á EXCELENCIA MUSICAL

Achegan desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa os CD froito da gravación efectuada nos estudios de gravación Mans da Coruña polos artistas noveis premiados nos "IX Premios á Excelencia Musical Mans Futuro 2016" que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou en colaboración coa Fundación Paideia Galiza.
 "Estes premios tratan de impulsar a promoción daquel alumnado que remata estudos nos conservatorios superiores de música de Galicia coas máximas calificacións, recoñecendo o seu esforzo e colaborando co seu desenvolvemento profesional cunha formación artística de calidade. Co mesmo propósito, referido neste caso ás ensinanzas profesionais de música, tamén envían os CD correspondentes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais na modalidade de música na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2015/16, gravados nos mesmos estudios de gravación mencionados anteriormente e en colaboración con dita fundación"

 Achégase tamén o CD "150 anos do Conservatorio de Pontevedra (1863-2013)", conmemorando os 150 anos que se cumpriran no 2013 da fundación desde conservatorio.
 Completase este envío cos DVD "Tres estampas Galegas", concerto gravado no marco do simposio "Repensando Galiza: As Irmandades da Fala (1916-1931)"; e "Galitalia Jazz Meeting", traballo da primeira promoción de titulados superiores en jazz de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario