TRIVIAL MUSICAL - Concerto 23 de marzo



 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro venres 23 de marzo. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com..

 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estrita orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as


 A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro luns 19 de marzo (ata as 10:00 horas).


PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:  Define brevemente “órgano"


PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Cita algunha obra de Haendel que non figure no programa do concerto


¡¡¡Moita sorte!!!

 Marzo                                                                                                    
Data: venres 23 de marzo , a las 20.30 horas
Sala: Auditorio de Ferrol





  REAL FILHARMONÍA DE GALICIA


Director e órgano: David Hill



Programa:

•Haendel(1685 - 1759): Concerto para órgano número 13 "O cuco e o ruiseñor"

•Albinoni(1671 1751): Adagio para órgano e cordas

•Haydn(1732- 1809): Peza para reloxo musical (selección)

•Mozart(1756 - 1791) : Sinfonía número 31 "París"

•Haendel(1685 - 1759): Concerto para órgano número 6

•Haydn(1732- 1809): Sinfonía número 92 "Oxford"



  Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS