ENCONTROS PLAMBE 2017-2018

 
Fonte: Asesorías de Bibliotecas Escolares de Galicia
 
"Os días 12 e 13 de abril de 2018 celebraranse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela os ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017/208, a cita anual do profesorado responsable das bibliotecas de centros non universitarios integradas neste programa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Estes encontros, configurados como espazo de traballo, aprendizaxe e intercambio de experiencias e propostas, reunirá a 646 docentes, ademais de persoas expertas en distintos ámbitos: bibliotecas públicas e escolares, lectura, didáctica da lingua e da literatura, competencias informacionais e mediáticas, narración oral, gamificación, radio, lectura en contextos de diversidade, literatura infantil e xuvenil, educación audiovisual, poesía, robótica ou impresión 3D e literatura de tradición oral. Así, acompañarán ao profesorado Rosa Piquín, Villar Arellano, Carme Fenoll, Pep Bruno, Charo Pita, Guadalupe Jover, Antonio García Teijeiro, Pilar Sampedro, Montse Pena, Pedro Iturburúa,  Luís Aldegunde, Miguel Horta, Ana Ordás, Ricardo Feijoo, Xerardo Feijoo (Ponte nas Ondas) e Antonio Reigosa.
Un apartado esencial dos encontros o constitúen as 21 experiencias concretas de centros arredor de diversas temáticas: funcionamento dunha biblioteca escolar actualizada, voluntariado de lectura, traballo por proxectos e prácticas de investigación, promoción da lectura e da escritura, biblioteca inclusiva...(dúas destas experiencias proceden de fóra da nosa comunidade). Haberá ocasión para coñecer os avances no modelo de biblioteca como "centro creativo das aprendizaxes" no que xa están traballando varios centros dentro do Proxecto CENTROS LÍA.2, así como a evolución que supón nas prácticas da biblioteca escolar a incorporación dos robots, a impresión 3D e outros materiais e recursos dos novos espazos creativos e manipulativos, que vinculan as nosas bibliotecas á cultura maker. Os responsables das bibliotecas dos centros incluídos no programa Radio na biblio terán tamén ocasión para reunirse, no contexto destes encontros, e intercambiar experiencias. Está prevista a presentación de posters sobre actividades concretas daqueles centros que aceptaron o reto, o  que completará a panorámica actual das bibliotecas escolares galegas. 
En definitiva, un programa extenso para unha actividade formativa que responde á colaboración entre o Servizo de Formación do Profesorado e a D.X. de Centros e Recursos Humanos, da que depende o programa de bibliotecas escolares da CCEOU e que ano tras ano contribúe á formación específica do colectivo docente vinculado ás bibliotecas escolares da nosa comunidade".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS