II SEMANA DO PIANO: XOGO "AUDICIÓNS COMPARADAS"

hoxe luns inauguramos a II Semana do Piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, organizada polo Departamento de Piano.
 Ademais dos concertos e actividades previstas, este ano propoñemos unha actividade a través deste Blog, un xogo de “Audicións comparadas”.
Nos seguintes enlaces presentamos tres versións moi diferentes do Terceiro movemento da Sonata nº 11 en La maior K331, coñecido como Rondó Alla Turca ou Marcha Turca de Mozart.
 
Os intérpretes escollidos son tres grandes intérpretes de piano: Glenn Gould, Vladimir Horowitz e Lang Lang.
Pica no enlace e escoita con atención as tres interpretacións. Que versión gustouche mais? Por que?
 
Podes votar pola tua versión preferida na Biblioteca do conservatorio, onde colocaremos unha urna durante toda esta semana. Entre os participantes sortearemos un agasaio moi especial!
 
Anímate, escoita e participa!!
 
Versión de Vladimir Horowitz (1903-1989)


Versión de Glenn Gould (1932-1982)

 

 
Versión de Lang Lang (1982)
https://youtu.be/uWYmUZTYE78

Dende o Departamento de Piano queremos agradecer a colaboración da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño de Ferrol, na realización desta actividade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS