II SEMANA DO PIANO: XOGO "AUDICIÓNS COMPARADAS"

Seguimos na II Semana do Piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, organizada polo Departamento de Piano.
 Ademais dos concertos e actividades previstas, este ano propoñemos unha actividade a través deste Blog, un xogo de “Audicións comparadas”.
Nos seguintes enlaces presentamos tres versións moi diferentes do Terceiro movemento da Sonata nº 11 en La maior K331, coñecido como Rondó Alla Turca ou Marcha Turca de Mozart.
 
Os intérpretes escollidos son tres grandes intérpretes de piano: Glenn Gould, Vladimir Horowitz e Lang Lang.
Pica no enlace e escoita con atención as tres interpretacións. Que versión gustouche mais? Por que?
 
Podes votar pola tua versión preferida na Biblioteca do conservatorio, onde colocamos unha urna durante toda esta semana. Entre os participantes sortearemos un agasaio moi especial!
 
Anímate, escoita e participa!!
 
Versión de Vladimir Horowitz (1903-1989)


Versión de Glenn Gould (1932-1982)

 

 
Versión de Lang Lang (1982)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS