RECOMENDACIÓN XANEIRO: L'ORFEO de Monteverdi

Nesta entrada -e ao longo de 3 máis- imos a darvos a coñecer a ópera L'Orfeo do compositor Claudio Monteverdi.  O autor do texto  é Alessandro Striggio. Esta ópera aínda que non é a primeira, é a que conservamos na súa totalidade é ademais é unha das óperas máis representadas.
Para que vos poñades en situación unha pouca de información:
Personaxes: a Música ou a musa da música (mezzosoprano ou soprano); Orfeo (barítono ou tenor); Eurídice (soprano); a mensaxeira (mezzosoprano ou soprano); a Esperanza (mezzosoprano ou soprano); Proserpina (mezzosoprano ou soprano); Caronte (baixo); Plutón (baixo); Apolo (barítono); unha ninfa (soprano); pastores, espíritos, sombras.

Lugar e época: Grecia e as rexións subterráneas do mundo dos espíritos, nunha antigüidade mítica.
 
Nesta versión a orquestra interpreta a peza con instrumentos da época baixo a dirección do gran Jordi Savall!!!!
 Para axudarvos a seguer a historia, incluímos os tempos de comezo dos diferentes actos.
Fonte: www. google.es
 
Prólogo
Tras a entrada instrumental en Re Maior con carácter estrondoso, aparece a Música (musa da música) facendo alabanzas dos presentes e instándoos a gardar silencio, e mentres narra a historia de Orfeo, fillo do deus Apolo e a musa Calíope.
 Acto primeiro (8:57)
Nun prado no medio do campo, ninfas e pastores celebran con alegría o día esplendoroso no que se casarán o mítico cantor da Tracia, Orfeo, e a súa amada, a ninfa Eurídice. Cantan un dos pasaxes corais más representativos da época, «Lasciate i monti», 12:4418:35.
Orfeo relata como se namorou dela e esta responde co mesmo fervor. Logo vai coas súas compañeiras a recoller flores para facer coroas con elas. Pastores e ninfas continúan coas súas danzas e alegres cantos mentres reinan a alegría e a felicidade.
 
Seguiremos a subir os actos 2º a 5º próximamente :)
Saúdos da biblioteca

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS