TRIVIAL MUSICAL: concerto 16 xaneiro

Estreamos ano e estreamos Trivial! :)


  Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 16 de xaneiro de 2019. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
 A data límite: o vindeiro venres 11 de xaneiro (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: define brevemente un barítono
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Elixe un dos poetas que aparecen no programa do concerto e mándanos un poema (ou anaco dun poema) del.
¡¡¡Moita sorte!!! 

 
 Xaneiro                                                                                                                 
Data: 16 xaneiro

Lugar: Teatro Jofre
 
Fonte: google.es

Gabriel Alonso, barítono

Programa:

Cuatro Canciones Coloniales (Carlos Guastavino/León Benarós)

Marcha Oriental (Enrique Granados)

Marinero en tierra (Rofolfo Halfter/Rafael Alberti)

Dos Canciones de García Lorca (Miguel Ortegal/Federico García Lorca)

El café de Chinitas (Federico García Lorca)

Evocación (Isaac Albéniz)

Canción del carretero (López-Buchardo /Gustavo Caraballo)

Pueblo, mi pueblo (Carlos Gustavino/ Francisco Silva)

Besos en mis sueños (Augusto Brandt/Alfredo Sadel)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS