TRIVIAL MUSICAL: concerto 30 de xaneiro


Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 30 de xaneiro de 2019. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.
 Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.
 No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e  poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as

 A data límite: o vindeiro 25 de xaneiro (ata as 10:00 horas)
PREGUNTA GRAO ELEMENTAL: define brevemente “soprano”
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: en que estilos encadrarías aos 3 compositores do programa?

¡¡¡Moita sorte!!!

 Xaneiro                                                                                                               

Data: 30 de xaneiro, ás 20:30h

Sala: Auditorio de Ferrol

 
Real Filharmonía de Galicia

Fonte: http://www.rfgalicia.org/es/conciertos/concierto-en-ferrol-8

Manuel Hernández-Silva, director

Berna Perles, soprano

 Programa:

W. A. Mozart: Obertura de La flauta mágica, KV. 620

W. A. Mozart: Aria “Misera, dove son”, K.369

L. v. Beethoven: Obertura de Las criaturas de Prometeo

L. v. Beethoven: Aria “Ah, perfido”, op. 65

R. Schumann: Sinfonía nº 3 en Mi b M “Renana”, op. 97

Comentarios

Publicacións populares deste blog

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro

Artigo sobre Xan Viaño

ENTREGA DO QUEBRACABEZAS