Presenza da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024/2025

O día 9 de novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia "Biblioteca Escolar a Escena!" deste curso 2024/2025. O CMUS Xan Viaño de Ferrol, estivo presente coa asistencia de Soraya García Riveiros, a coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal do Conservatorio de Ferrol. 

Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!". Unha xuntanza que falou do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiou á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes... Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.

 




Coordinadora Soraya García Riveiros
Representación da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño

Máis info aquí.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Artigo sobre Xan Viaño

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025