Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

Científica Galega do Ano 2026

Imaxe
  A oceanógrafa  Aida Fernández Ríos  foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.

Día de Rosalía

Imaxe
Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía.  Este curso, propoñemos facer este  "O Rosco de Rosalía" , un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora.  Animádevos !

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Imaxe
  O 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e da Nena na Ciencia, que visibiliza o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM, creando así referentes femininos para a infancia. É por iso que hoxe compartimos con vós esta  noticia  publicada no xornal gCiencia, onde se dan a coñecer dez científicas galegas de gran relevancia.

Julio Verne, o escritor que predixo o futuro

Imaxe
  O 8 de febreiro cumpríronse 198 anos do nacemento de  Julio Verne , un autor visionario que imaxinou tecnoloxías que no seu momento parecían imposibles pero que hoxe en día son realidade e forman parte da vida cotiá. As súas novelas non só marcaron un fito na literatura de aventuras, senón que combinaban ciencia, curiosidades e creatividade para imaxinar mundos imposibles. En 1970, Verne creou o Nautilus, un submarino eléctrico autónomo que funcionaba grazas a baterías recargables. Hoxe, submarinos modernos usan principios similares. Ademais, escribiu sobre un foguete tripulado capaz de chegar á Lúa e regresar á Terra 104 anos antes de que este feito tivera lugar. Para isto, Julio Verne era meticuloso coa ciencia: consultaba bibliotecas, científicos e revistas da súa época para que todo tivera lóxica.  As súas historias inspiraron a inventores e científicos reais. Anímate a ler algunha das súas obras!

Para os que estén por Santiago de Compostela...

Imaxe
  XX Campaña Municipal de Animación á Lectura 'Ler para Crecer' A XX Campaña Municipal de Animación á Lectura leva por título este 2026 ‘LER PARA CRECER’ e está baseada no traballo de Arianna Squilloni e Raquel Catalina Ledesma, gañadoras do XVIII Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e a editorial Kalandraka. A campaña retómase este ano 2026 despois dunha paréntese que tivo a súa orixe na pandemia de coronavirus. Está organizada polo Concello de Santiago en colaboración con Kalandraka e con Afundación e terá lugar do 9 de febreiro ao 12 de marzo no centro Afundación (Rúa do Vilar, 19) con accións como: CONTOS CON MÚSICA PARA ESCOLAS E FAMILIAS  SESIÓNS ESPECIAIS PARA BEBÉS  ENCONTRO COAS AUTORAS  SESIÓN FORMATIVA PARA DOCENTES  VISITAS GUIADAS Á EXPOSICIÓN COS ÁLBUMS DOS PREMIOS COMPOSTELA  CONTACONTOS CON LINGUA DE SIGNOS  OBRADOIROS CON ILUSTRADORAS/ES NAS E...

Aniversarios Musicais 2026: febreiro

Imaxe
  Friedrich Cerha , c ompositor, director de orquesta y profesor académico austriaco . 17 de febrero, 100º aniversario de su nacimiento. Friedrich Cerha  (Viena, 1926-2023) foi un dos músicos máis influentes da Austria contemporánea. Malia contar cun extenso catálogo en case todos os xéneros, será lembrado fundamentalmente por asumir a complexa tarefa de completar a ópera inacabada  Lulu , de  Alban Berg . Cerha aceptou esta responsabilidade tras o falecemento da viúva de Berg, quen se opusera durante décadas a que ninguén rematase o traballo. A súa versión estreouse en París en 1979 baixo a dirección de Pierre Boulez cun grande éxito, e desde entón é a versión que se representa habitualmente en todo o mundo. Nacido en Viena, Cerha participou na  resistencia contra o réxime nazi  e desertou da Wehrmacht durante a súa mocidade. Tras a guerra, doutorouse en musicoloxía e fundou en 1958 o prestixioso ensemble  die reihe  xunto a Kurt Schwertsik. Como...