Páginas vistas en total

sábado, 15 de septiembre de 2018

CURSO 2018-19: apertura

 
 
 A Biblioteca "José Fontenla Leal" abrirá as súas portas o vindeiro luns 24 de setembro

 Bo comezo de curso a todos.

martes, 17 de julio de 2018

ASESORÍA: "BIBLIOTECA INCLUSIVA"

 
 
"Biblioteca Inclusiva é o nome dun novo programa da CCEOU, no contexto do Plan LÍA 2016-2020 de Bibliotecas Escolares, que desenvolve algunhas das liñas contempladas no desafío número tres deste Plan. Este programa pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do centro e que enfronte os retos, dunha forma decidida, que presenta a diversidade. Ademáis das axudas que xa recibiron un total de 53 centros (CEE e centros ordinarios con unidades creadas ou habilitadas de educación especial), e logo da xornada formativa especialmente deseñada para o profesorado responsable das bibliotecas destes centros, celebrada o pasado 20 de febreiro, cómpre dar difusión a outras iniciativas destinadas ao conxunto dos centros do sistema educativo galego. 
Así, vén de distribuírse aos centros unha mostra dun folleto denominado así, "Biblioteca Inclusiva" e que pretende ampliar a mirada sobre o modelo de biblioteca escolar, potenciando todas as súas posibilidades como un espazo máis de inclusión dentro do centro educativo. Ofrécese tamén a posibilidade de descargar este material informativo nun tamaño DIN A3, que se pode pregar en 4 e obter así un pequeno folleto dispoñible para as actividades que o equipo de biblioteca considere oportunas.
Cecais, de todos os ámbitos nos que se pode traballar para que a biblioteca avance como biblioteca inclusiva, un dos máis difíciles é o das actitudes; máis aló dos recursos (imprescindibles), unha actitude inclusiva, non paternalista, igualitaria, normalizadora, rexpectuosa e visibilizadora da diversidade pode ser, acaso, un dos grandes activos da biblioteca escolar como espazo educativo e de encontro da comunidade na que está inmersa. 
Cómpre agradecer a  Charo Pita a súa xenerosidade ao responder de forma altruísta ao reto de escribir un conto para este material: "O Palacio das Sete Xanelas".  :
 

viernes, 29 de junio de 2018

MATERIAIS DOS ENCONTROS PLAMBE 2017-18

 
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia
 
"Están dispoñibles en RedeBE os materiais audiovisuais das diferentes intervencións nos pasados Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2017/2018, ampliando o conxunto de informacións, recursos, presentacións e ligazóns de interese que xa se podían ver nesta aula virtual desde o día seguinte aos encontros, celebrados en Compostela os días 12 e 13 de abril de 2018. Recursos de interese para a formación dos equipos de biblioteca e para todo o profesorado interesado nestas temáticas".
 

miércoles, 27 de junio de 2018

CONCIERTO DE PIANO NO JOFRE



A continuación colgamos los videos das actuacións dos alumnos de piano no Teatro Jofre de Ferrol.
 
Programa:
 
1º parte:
 
1ª mov. Sonatina Fa M Op. 168 (Diabelli)
Chez le forgeron (S. Maykapar)
 
Vals Op. 69 nº 1 (Chopin)
 
3º mov. Sonatina Op. 168 nº 1 (Diabelli)
Polonesa (Album Ana Magdalena Bach)
 
Rumores de la Caleta (Albéniz)
 
Tic toc choc (Courperin)
 
Capricho de Zagala (Chopin-Liszt)
 
Valses poéticos (Granados)
 
Estudio nº 12 Op. 32 (Jensen)
 
Fantasía impromptu (Chopin)

2ª parte:
 
3º mov. Sonata nº 14 (Beethoven)

Noreia Hermida - 4º GP
5 Danzas Gitanas (Turina)

Martín Otero - 5º GP
Balada nº 2  (Chopin)

David Seoane - 5º GP
Preludio Op. 32 nº 5 (Rachmaninov)

Clara Bellas - 6º GP
Polonesa nº 1 Op. 26 (Chopin)

Alicia González - 6º GP
Momento musical nº 1 (Rachmaninov)


Concerto organizado polo Departamento de Piano de CMUS Xan Viaño de Ferrol. Alumnado dos profesores: Alberto Eiroa, Alma Cendán, Andrés Pazos, Genaro Fernández, Loreto Pérez e Miguel Sancho.
Grazas unha vez mais á Asociación Recreativa "O Peque Coro" pola cobertura e a edición dos vídeos.


Galería de imaxes:














 

jueves, 14 de junio de 2018

CENTRAL LIBRERA: NOVAS PUBLICACIÓNS

 
c/ Real, 71. 15402 Ferrol. A Coruña
Tel 981.35.09.56  Fax 981.36.98.54
 
O establecemento ferrolán "Central Librera" da rúa Real, envíanos unha pequeña selección e de novas publicacións con temática musical que podería resultar de interés
 
Catálogo xuño 2018

Saúdos desde a biblioteca