Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Asesoría de Bibliotecas Escolares

XUNTA: O plan de mellora de bibliotecas escolares beneficia a 820 centros este curso

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es " O  Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe)  volve medrar este curso ata acadar os 820 centros educativos beneficiados, 28 deles de nova incorporación, tal e como avanzou esta mañá a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, con motivo da apertura da Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia que congrega en Santiago de Compostela a un milleiro de docentes para debater e intercambiar experiencias neste eido. " Enlace á noticia completa  

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: unha biblioteca escolar en viñetas

Imaxe
 Fonte:  Asesoría d e Bibliotecas Escolares "Agora a cousa cambiou bastante, pero eu recordo nos meus anos mozos, cando ía á escola, que os libros de texto para os nenos eran unha cousa espantosa, gris, cheos de letras e letras, e sempre pensei que os nenos aprenderían máis, non xa cos meus cómics, senón con calquera dos da miña época. Eu véxoo cos meus netos: agora os libros dos críos teñen outra vez moitos debuxiños e tal, pero seguen sendo textos para ensinar. E eu creo que lendo simplemente as historietas, os nenos aprenderían moitísimo máis. Non tan só a ler ou a escribir, senón o que é a historia dun país, o que foi ocorrendo".   Francisco Ibañez, entrevista en Jot Down no ano 2017.   "A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2023/2024. O lema elixido, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, quere poñer o foco en todas as posibilidades que...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: MATERIAIS PLAMBE

Imaxe
 Fonte:  Asesoría de bibliotecas escolares "Os pasados 30 e 31 de marzo celebráronse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2022/2023, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).    Adxúntase o enlace a  redeBE  cos vídeos e materias aportados por relatores e relatoras".     PROGRAMA E DOSSIER redeBE #EPLAMBE23 

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Imaxe
Fonte:  Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia   Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola  Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil  á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas.    A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do  Día das Bibliotecas , este 24 de outubro de 2021.  "A edición deste ano, baixo o lema  “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”  céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."   As bibliotecas escolares galega...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: LEMA CURSO 2021-22

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia    "A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2021/2022. O lema elixido,  A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e a oralidade.   A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2021-2022 é obra do ilustrador, escritor, deseñador e artista visual Pablo Otero, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en formacións e obradoiros.   Os textos escritos e as producións audiovisuais que ofrece a biblioteca en obras de ficción ou de información axudan o alumnado a medrar donos da linguaxe, a ferramenta que lles abre camiños de pensamento, imaxinación, beleza e coñecemento. Mais tamén, as  bibliotecas escolares son espazos sociais de encontro que promoven e facilitan o uso da palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectur...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: material dos Encontros

Imaxe
 Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia Os pasados 15 e 16 de abril tiveron lugar os tradicionais Encontros de Bibliotecas Escolares na red. No enlace poderedes consultar todos os materiais.   Non deixedes de escoitar a intervención de Irene Vallejo, unha voz que cómpre escoitar nestos tempos. Enlace aos materiais dos Encontros