Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Letras Galegas

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Imaxe
  A Real Academia salda unha débeda co feminismo e co xornalismo:  Begoña Caamaño , Letras Galegas 2026. A xornalista e autora Begoña Caamaño (Vigo,1964 - Santiago de Compostela,2014) será a protagonista das próximas Letras Galegas. Así o anunciou este venres a Real Academia Galega (RAG) nunha rolda de prensa no pazo de María Pita, en A Coruña, onde a institución ten unha das súas sedes mentres se reforma o seu edificio na cidade. O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, subliñou que as Letras do 2026 serán «unha oportunidade para coñecer a unha figura tan inspiradora como é a de Caamaño». Ademais, sinalou que tamén serve para poñer o foco nos xornalistas «nun momento histórico oportuno para isto». Sobre  a súa obra, indicou que aborda a mitoloxía clásica e artúrica. En canto a súa traxectoria profesional, apuntou que se centrou «na defensa dunha profesión xornalista e crítica».  Seguir lendo en  La Voz de Galicia

Onde están as mulleres? Só sete homenaxes en 62 anos de Letras Galegas

Imaxe
Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta e as cantareiras son a única pegada feminina De esquerda a dereita: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, Luísa Villalta, Adolfina e Rosa Casás Rama, as Pandeireteiras de Mens e Eva Castiñeira. O  Día das Letras Galegas   é a data máis insigne da nosa literatura. Con ela homenaxéanse a todas aquelas plumas que contribuíron a normalizar o galego na escrita, pero tamén a conservalo a través dos séculos na oralidade. Que loitaron contra prexuízos e estigmas, e converteron o idioma no mellor vehículo para expresar as súas emocións, os seus sentimentos, e tamén para denunciar as inxustizas. Non obstante, nos máis de 60 anos de historia das Letras Galegas, tan só o 11% estiveron protagonizadas por mulleres. Unha presenza feminina incuestionablemente escasa… pero indispensable. Repasamos as sete candidaturas femininas das nosas...