Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta composición

XVIII CERTAME "Xan Viaño" DE CREACIÓN MUSICAL

Imaxe
XVIII Certame de composición  

TÓCAA OUTRA VEZ, XAN - IV edición

  O periodo de inscripción amplíase ata o 31 de marzo do 2015.   Organizado polo ANPA do Conservatorio Xan Viaño, contando ca colaboración do Conservatorio. Pretendemos que participe toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, país, nais,...) do Conservatorio que desexen interpretar un tema dunha banda sonora (B.S.O.), cunha duración máxima de 5 minutos. Admítese calquera tipo de formación: solistas, orquestra, cámara, coro... Haberá dúas categorías: Grao elemental e Grao Profesional e un premio para cada unha delas. A interpretación dos temas levarase a cabo na segunda quincena de abril.   Recollida e entrega do formulario de inscripción en conserxería.  

XI CONCURSO XAN VIAÑO DE CREACIÓN MUSICAL

Imaxe
Como sabedes, o Departamento de Composición do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol convoca o XIº Concurso de Creación Musical , que terá como finalidade a creación dunha composición curta e está aberto a to@s @s alumn@s do centro . Na súas bases, o punto segundo di que: "Entanto que o Día das Letras Galegas 2015 está dedicado a Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), valorarase que as composicións inclúan algunha cita das melodías recollidas no seu Cancionero Popular Galego ". A biblioteca dispón dun exemplar (M129) que está disponible para a súa consulta en sala para tod@s @s alumn@s que o precisen. Asimesmo, para facilitar durante a Semana Santa o traballo dos compositores desde o Departamento dan un enlace da Universidade de Santiago de Compostela o cal da acceso ás súas coleccións bibliográficas dixitalizadas e á produción investigadora e docente dos seus membros . ¿A que é xenial? Minerva. Repositorio Institucional da USC ...