Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Diversidade funcional

Nova ligazón no blog: Biblioteca Infantil Fundación ONCE

Imaxe
Dende o Equipo da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, achegamos unha nova ligazón ao blog. Podedes atopala na columna da esquerda, xunto coas guías e recomendacións de lecturas.  A sección chámase Biblioteca Infantil Fundación ONCE.   Aquí tedes unha axuda para que a poidades atopar no blog. Esperamos que sexa de axuda e interese. Equipo de Biblioteca 

Novidades na biblioteca. Literatura infantil BATA. Fácil lectura con pictogramas

Imaxe
  🎉🥳👏Presentamos con moita ilusión os primeiros libros de lectural fácil con pictogramas da editorial Kalandraka. Texto de BATA . E vos preguntaredes, ¿qué é BATA?  Pois isto é o que nos conta a editorial Kalandraka: " Mellorar a calidade de vida das persoas con trastorno do espectro autista e das súas familias é o obxectivo de BATA, asociación de membros de Plena Inclusión que - en base ao compromiso ético - contribúe con apoio e oportunidades para que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e a súa familia, poidan desenvolver o seu proxecto de vida e promover a súa integración como cidadán con todos os dereitos nunha sociedade xusta e solidaria" Deixamos aquí esta ligazón  por se vos interesa investigar e coñecer esta iniciativa. 🕮👪Tedes os libros neste estante da imaxe para poder levalo para a casa e desfrutar en familia dun bo anaquiño de lectura.

Guía "De inclusión": libros e materiais para persoas con diversidade funcional

Imaxe
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía  De inclusión  na que recolle toda clase de materiais que facilitan a lectura a todo tipo de persoas con algún xénero de diversidade funcional. A inclusión é un dereito que atinxe a toda a sociedade polo que buscar a integración de toda a cidadanía na cultura propia é absolutamente imprescindible para falar de democracia e igualdade de oportunidades nas que se teñe en conta a situación de cada unha das persoas que forman parte do entramado social. Trátase duns materiais imprescindibles para todas as persoas mediadoras do libro e a rapazada, que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social. A guía está organizada de forma que lle dea servizo a unha biblioteca inclusiva con toda clase de recur...