Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día do Libro 2025

Cóntoche un conto na biblio do Xanvi ?

Imaxe
Dende a Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, queremos anunciar esta iniciativa con moita ilusión. A idea xurdiu da coordinadora da biblioteca, a quen lle gosta moito ler contos, sobre todo aos nenos e nenas. Ocorréuselle preparar un recuncho acolledor na biblioteca para que, quen queira, poida compartir un ratiño de lectura agradable.  🫂Quén pode participar? Todo o alumnado, o profesorado e persoal non docente como os conserxes e as limpadoras.  📖 📢Qué se precisa?  Soamente hai que traer un conto da casa ou coller un da biblioteca que che goste moito, un capítulo dunha novela de aventuras, algunha reflexión dalgún outro libro, poesía, etc. Pensa nas idades variadas do alumnado e ter gañas de interpretar as diferentes personaxes que aparecen nos fragmentos ou simplemente por en práctica a oratoria e expresividade oral. Anótate nas follas de rexistro que están no recibidor do conservatorio , diante da mampara da biblioteca. Hai que por o día e a hora na que...