Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Juan Durán

Concerto - presentación do disco "De través" e adquisición do CD. Agradecementos.

Imaxe
A biblioteca do Xan Viaño, conta cun exemplar asinado por Fernando Raña, que pode ser escoitado. Moitas grazas por compartir esta experiencia musical co alumnado do CMUS Xan Viaño. Coa clase maxistral impartida por Fernando Raña, o alumnado tomou nota de consellos ben útiles para o seu estudo e interpretación coa frauta travesa. As docentes de frauta do Xan Viaño, Olalla e Soraya están moi agradecidas por elo. 

Presentación do disco "De través". Obras para frauta travesa

Imaxe
Fernando Raña Barreiro, frauta travesa. O vindeiro luns 3 de febreiro terá lugar no Auditorio do Conservatorio a presentación do disco “ De través “ do frautista Fernando Raña Barreiro, docente do Conservatorio Superior de Música de Vigo. O intérprete, dedicatario das obras recollidas no CD, exporá e interpretará unha pequena selección do mesmo. Ricardo Blanco, pianista desde centro, colaborará acompañando unha das obras deste repertorio. Ás 16:00 h. haberá una clase maxistral para o alumnado de frauta travesa do centro e logo o concerto comezará ás 18:00 h. cunha duración estimada de 45 minutos. A entrada é libre ata completar o aforo. Será doado un CD á Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Moitas grazas dende a Coordinación de Biblioteca e o Equipo de Biblioteca do Xan Viaño.