Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mulleres Científicas

Científica Galega do Ano 2026

Imaxe
  A oceanógrafa  Aida Fernández Ríos  foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.

Ciencia en feminino. Ser científica no século XXI

Imaxe
As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira participan na segunda sesión de 'Ciencia en feminino' para falar sobre os avances e os retos das mulleres científicas A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas  Ciencia en feminino   continúa a programación sobre o 8M da   Deputación de Pontevedra   cun debate no que participan tres científicas galegas.   As doutoras María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI.   En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras analizan a situación das mulleres no seu sector, os maiores retos aos que se afrontan durante a carreira ou a falta de igualdade no eido divulgativo. Ciencia en feminino   continuará ao logo de todos os mércores de marzo. Trala   primeira entrevista  da pasada semana coa física galega  Mar Capeáns   e esa mesa redonda, a programación continuará co...