Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2021

MEMORIA: XEOGRAFÍAS SONORAS 20-21

Imaxe
  Todos os cursos desde 2006 a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (Asesoría de Bibliotecas Escolares) publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia. O lema elixido para o curso 2020/21 foi “ XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR ” [1] e a encargada nesta ocasión de interpretar e materializar esa idea foi Bea Lama [2] . Foto 1. “Xeografías lectoras” por Bea Lama.   Este curso en especial, se nos convida a explorar todas as posibilidades que nos ofrece a lectura para construír á persoa lectora. No noso caso extrapolámolo á escoita de música porque ao igual que a lectura, tamén é unha sorte de viaxe; como din Consuelo Gundín e María José Pousa “( ...) obedecen á mesma pulsión: o desexo ou a necesidade de abrir unha paréntese na vida cotiá, romper coa rutina, coñecer outros lugares, vivir novas experiencias, ser outros .” [3]   Así pois, o equipo de biblioteca propuxo desde o blog escoitas semanais desde diferentes perspectivas cun mapa do mundo