Rula, choia, paíño… Os 600 nomes de aves en galego que atoparás nesta ferramenta dixital
A RAG estrea unha plataforma para realizar procuras pola denominación, o nome científico ou a familia á que pertence cada especie Corvo mariño grande. Foto: Armando Losada Vicente Bubela, carrán, choia ou cotovía. Estes son algúns dos máis de 600 nomes de aves que se poden atopar coa ferramenta que vén de presentar a Real Academia Galega (RAG). A nova sección da web institucional é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas e permite realizar procuras pola denominación en galego , o científico ou a familia á que pertence cada especie, acompañada en moitos casos de fotografías que reforzan o seu carácter divulgativo. A listaxe resultante dálles preferencia ás denominacións patrimoniais, moitas delas documentadas dende a Idade Media e presentes no refraneiro, como corvo mariño , mazarico , miñato , paíño , pardela , pega ou rola /rula . A RAG corrixiu ademais castelanismos de propostas previa...