Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2018

SERVIZOS 30 NOVEMBRO

Imaxe
O venres  30 de novembro a biblioteca permanecerá pechada e ntre as 11:00 e as 12:00 . Disculpade as molestias

NOVIDADES EN RECURSOS MUSICAIS

Imaxe
  Grazas á doazón do CFR temos novidades en " recursos musicais ". Lembrade que nesta materia poderedes encontrar materiais didácticos e lecturas relacionadas ca didáctica de diferentes especialidades.    Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

AULA DE SECUNDARIA

Imaxe
   Xa está disponible en sala o derradeiro número de Aula de Secundaria   Un saúdo

SONCELO: II maratón de concertos

Imaxe
  Fonte: www.soncello.com   No enlace de abaixo tedes o díptico informativo.   Soncelo_programa

XVº CERTAME DE CREACIÓN MUSICAL

Imaxe
Fonte: www.google.es   Xa saíron as bases do XVº Certame de Creación Musical organizados polos Departamentos de Composición e de Linguaxe Musical.   Desde o enlace podedes baixaros as bases. Animádevos a participar Bases do Certame de Creación Musical

EUFONÍA 77

Imaxe
 Xa está disponible en sala o número 77 da revista Eufonía Un saúdo

CONCERTO SOCIEDAD FILARMÓNICA 22 novembro

Imaxe
  Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana  dez de nosos alumnos poderán disfrutar deste concerto de balde para celebrar a festividade dos músicos.    

TRIVIAL MUSICAL: concerto 12 decembro

Imaxe
Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 12 de decembro de 2018. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro 4 de de

NOVIDADES EN ARPA

Imaxe
  Temos novidades nas submaterias de arpa soa, arpa con orchestra e dúos con arpa.  Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

IX XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es "A conselleira de Educación salienta a implicación dos docentes no funcionamento das bibliotecas escolares Carmen Pomar inaugurou (...) as IX Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia Estes espazos, corazón dos centros educativos, son un referente a nivel estatal"   Para ler a noticia completa: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26413

NOVIDADES

Imaxe
    Na doazón do CFR de Ferrol temos moitos cancioneros, panxoliñas, exemplares de Cantareira...  Atoprarédelos en CR (76 al 94).    Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

DOAZÓN DO CFR DE FERROL

Imaxe
   O CFR de Ferrol donounos moitísimo material de música. Ao longo deste mes de novembro catalogarémolo e informaremos dos títulos que se incorporarán ao catálogo.   Un saúdo desde a biblioteca

FONDOS DE LITERATURA INFANTIL

Imaxe
Parte do noso novo recuncho de lectura informal e audiovisuais   Como xa sabedes, desde hai uns días os fondos de literatura infantil (LI.I) poderedes atopalos nuns andéis novos no recuncho de lectura. Esperamos que esteades cómodos nos novos espazos e os disfrutedes Equipo de biblioteca

ASESORÍA: IX XORNADAS

Imaxe
     Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares     "Os días 9 e 10 de novembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, a gran cita anual do profesorado interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. Estas xornadas están abertas a todo o profesorado e contan cun programa extenso no que se contemplan conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate e, como en anteriores ocasións, unha sesión denominada "A fume de carozo", para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto.  Haberá espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as belas artes, a

NOVIDADES LINGUAXE MUSICAL

Imaxe
  Temos novidades na materia de Linguaxe , concretamente en teoría e ditados. Os autores dos diferentes materiais sonFélix Serra, Pilar de la Vega e Antonio García-Pardao    Podedes consultar a súa disponibilidade na OPAC

A DINAMIZAR

Imaxe
     Este curso o CMUS desenvolve unha actividade  integrada polos departamentos de Biblioteca, Normalización Lingüística e Convivencia: unha actividade gratuita para colexios en Ferrol nos que conviven a música e a lectura a través dun grupo profesional: " Musicreques ".     Musicreques son as nosas compañeiras Loreto e Alma, dúas profesoras de piano con moitísimas ganas de acercar a música aos máis pequenos. Se queredes coñecer máis podedes visitar o seu Facebook e non esquecedes ver a mensaxe que a bruxa Baba Yaga déixavos por Samaín...   https://es-es.facebook.com/ Musicreques    

NOVEMBRO: ALBINONI, MÁIS ALÓ DO ADAGIO

Imaxe
Unha das pezas máis coñecidas do Barroco é o famoso Adagio de Tomaso Albinoni. Pero sabedes que en realidade é unha obra escrita polo musicólogo Remo Giazotto en 1945 a partir dun fragmento de un manuscrito de Albinoni? Ao parecer, o musicólogo atopou entre a ruinas da Biblioteca Estatal de Dresde un manuscrito do compositor italiano, co pentagrama do baixo e seis compases da melodía. Giazzotto traballou sobre o manuscrito ata rematar a composición de Albinoni tal e como o coñecemos hoxe en día. Seica o Adagio de Albinoni non é tanto de Albinoni como de Giazotto… Mais non teñades dúbida de que o talento musical de Tomaso Albinoni é magnífico, e para mostra os seus concertos para oboe que traemos hoxe ao blog.   Non pensades que a entrada do oboe no Adagio do Concerto en Re menor é fermosísima e moi emocionante?