Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta cultura

“El gran libro de los museos”, para perder el miedo al arte

Imaxe
Autora: Éva Bensard Ilustrador: Benjamin Chaud Traductora: Ana Belén Fletes Editorial: Maeva Young , 2026 Edad recomendada: A partir de 8 años ¿Sabías que en el Museo del Hermitage de San Petersburgo viven cerca de sesenta gatos? Llevan ahí desde el siglo XVIII, patrullando las galerías como si fueran los conservadores del lugar, y cada año, en primavera, se les dedica una fiesta. Este tipo de datos son los que recorren El gran libro de los museos, que ha publicado este año Maeva Young. El libro lo publicó originalmente en francés la editorial Arola en 2023 bajo el título Le grand livre des musées en una colección especialmente orientada a acercar el arte y la cultura a los lectores más jóvenes. La edición española llega tres años después con el mismo espíritu: hacer de los museos un lugar apetecible, vivo y lleno de sorpresas. Éva Bensard ya tiene trayectoria en el mundo de los libros de arte para niños. Estudió en la Escuela del Louvre y tiene un máster en Historia. Ha pasado años ...

Falece Marjane Satrapi

Imaxe
  Hoxe faleceu, aos 56 anos de idade, a debuxante de cómics francoiraní Marjane Satrapi , autora da coñecida obra Persépole , que relata a súa infancia en Teherán e os cambios en Irán tras o derrocamento do Sha de Persia en 1979 e a instauración da República Islámica. Marjane naceu en Rasht, Irán, en 1969. Medrou en Teherán nunha familia de intelectuais de esquerdas e a súa nai foi quen lle dixo algo que aparece en Persépole e que nunca esqueceu: "Na túa vida coñecerás moitos tontos. Se che fan dano, recorda que é porque son estúpidos. Non respondas á súa crueldade. Non hai nada peor que a amargura e a vinganza.  Amosa a túa dignidade e a túa integridade".  A súa nai tiña razón e Satrani pasou toda a súa vida demostrándoo. 

XI ENCONTRO LITERARIO EN NARÓN

Imaxe
 

Día dos Museos: "unindo un mundo dividido”

Imaxe
    Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Rede de Grandes Espazos de Divulgación (GEDIC) do CSIC súmase a esta celebración cunha variada programación de actividades repartida por todo o territorio. Portas abertas, espectáculos musicais, charlas, talleres ou visitas guiadas achegarán a ciencia e a cultura científica a públicos de todas as idades ao redor do 18 de maio. Seguir lendo na web do CSIC ou na web da Consellería para ver as actividades na nosa comunidade.

Participación da coordinadora da biblioteca do Xan Viaño, no Programa Erasmus + do centro: En-clave de cámara In-chamber music key KA 122-VET

Imaxe
Dos días 8 o 15 de Febreiro as compañeiras Begoña e Soraya participaron no curso de Inglés no centro ISI Dublín. Deixo unha ligazón para que poidades ver unha divertida e completa presentación que fixen da viaxe. 

Teatro afeccionado no Concello de Neda

Imaxe
 

Marilar Aleixandre, primeira doutora honoris causa da Universidade de Almería

Imaxe
  A Universidad de Almería (UAL) investiu a Marilar Aleixandre doutora honoris nunha cerimonia na que a académica defendeu o pensamento crítico como "ferramenta poderosa" para enfrontar os desafíos da desinformación e combater o negacionismo. A catedrática ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela é a primeira muller que pasa a formar parte do claustro de honra da UAL, e tamén a primeira investigadora do campo da educación e da didáctica que acada este recoñecemento na mesma institución. Continuar lendo  aquí .

Bicentenario do nacemento de Avelina Valladares

Imaxe
  T al día coma hoxe de hai 200 anos, nacía na Estrada Avelina Valladares, pioneira da literatura galega. Foi unha das primeiras mulleres en escribir artigos de opinión na prensa e unha precursora no emprego da lingua galega nalgúns dos seus poemas. A pesar de ter unha profunda formación relixiosa, Avelina rompeu coas normas sociais da súa época, rexeitando unha e outra vez os pretendentes que viñan "salvala" da súa soltería. A emigración, Galicia, a orfandade, a fe e a súa propia familia foron temas recorrentes nas súas composicións. Ademais dos seus textos, a autora deixou constancia do seu talento en composicións musicais e en debuxos.

Semilla Programa para familias. Centro de Arte Fundación María José Jove

Imaxe
Programa para familias que desarrollamos en el Centro de arte FMJJ durante el curso 2024-2025. Incluye visitas intergeneracionales a la Colección de Arte a cargo de La Querencia y diversos talleres específicos, diseñados por Createctura.  A partir de diferentes dinámicas y herramientas lúdicas de acompañamiento, el objetivo es reflexionar acerca de la idea de familia a través de la Colección de Arte.  Una semilla es la causa u origen de que proceden otras. La familia también puede ser la causa o el origen de diversos vínculos, puede conformarse de infinitas formas. ¡no hay ninguna igual! Taller intergeneracional 24 de mayo de 2025 Partiendo de la idea de “Museo como refugio” que se planteó en la visita intergeneracional del mes de abril, el taller para familias que se llevará a cabo en el Centro de Arte FMJJ el próximo 24 de mayo, de 11:30h a 13:00h, nos brindará la oportunidad de descubrir nuevas formas de vida alejándonos de la visión antropocéntrica. Cad...

XX Xornadas Literarias adicadas a Alfonso Daniel R Castelao

Imaxe
  A figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será a protagonista da vixésima edición das Xornadas Literarias de Neda. O evento cultural, que se presentou na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol, ofrecerá entre o 24 e o 27 de abril unha visión ampla de quen para moitos é o intelectual galego máis destacado do século XX. Escritor, político, debuxante, investigador… Seguir lendo...

Día das Artes Galegas 2025

Imaxe
O próximo martes, día 1 de abril, celébrase o Dia das Artes Galegas 2025, dedicado este ano a Isaac Díaz Pardo. Premendo na imaxe podedes acceder a diferentes recursos para coñecer máis  do artista, creador e intelectual galego.  

Día Mundial do Teatro

Imaxe
O 27 de marzo de 1962 o  Instituto Internacional do Teatro (ITI)  decidiu establecer esta data como  Día Mundial do Teatro , lembrando a apertura do Teatro das Nacións en París. O seu obxectivo e promover o teatro en todas as súas formas arredor do mundo, crear conciencia sobre o valor do teatro e poñer en valor a forma de arte "teatro". Este ano o dramaturgo pakistaní Shahid Nadeem é o encargado do manifesto :  O Teatro como Santuario. Nestes tempos de confinamento son moitas as actividades que , a través das redes, conmemoran esta data: Centro de Documentación Teatral do Ministerio de Cultura:  Teatroteca (gravacións de todos os xéneros) Estudio 1:  Espazo teatral da RTVE Teatros del Canal:  As 18:00 os artistas comparten as súas creacións Teatro da Zarzuela:  Canle de Youtube Biblioteca Virtual de Galicia:  Videoteca de Teatro , Novas de Teatro Pepe Agrelo:  O Cartafol de Ruperto Carvalho Calero na historia do noso teatro:  Artig...

Semana do cinema galego

Imaxe
Do 26 ao 29 de marzo, terá lugar a sexta edición da Semana do Cinema Galego, que se levará a cabo no Teatro Colón da Coruña. Durante estes catro días exhibiranse oito das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia. A entrada é de balde ata completar aforo. Tedes toda a información sobre a programación  aquí . Non vos perdades este evento!

Exposición sobre Torrente Ballester en Ferrol

Imaxe
  Desde o sábado 8 de marzo e ata o 30 de abril , o centro cultural de Ferrol  Gonzalo Torrente Ballester , acolle a exposición que leva por título  Gonzalo Torrente Ballester, La Travesía de un Creador.  Trátase dun percorrido pola biografía deste autor ferrolán, que amosa fondos bibliográficos, gráficos, documentais e materiais conservados tanto na propia Biblioteca Nacional como na Fundación Gonzalo Torrente Ballester de Santiago de Compostela. Xunto ás 130 pezas expostas, tamén se pode ver o documental GTBxGTB, producido en 2010 pola Sociedad Estatal de Conmemeoraciones Culturales (SECC) e a Fundación Gonzalo Torrrente Ballester.

Manuel Rivas, premio CEDRO 2025

Imaxe
Manuel Rivas Tras recibir o Premio Nacional das Letras, o escritor  Manuel Rivas  é obxecto dun novo recoñecemento, o Premio CEDRO , concedido polo  Centro Español de Derechos Reprográficos . A decisión susténtase no recoñecemento do seu firme compromiso coa cultura, así como a súa achega á defensa dos dereitos de autor e a propiedade intelectual. 

A viaxe de Alemaña ao Miño dunha ave en perigo de extinción

Imaxe
  Un ibis pelado, unha das especies máis ameazadas do mundo, chega ao esteiro do Miño procedente dun zoo de Halle tras pasar por Barbate e Faro Plumaxe negra con reflexos metálicos verdes e púrpuras, pico longo e curvo e unhas extensas plumas colgantes sobre a caluga. Estas son as características que identifican o  ibis pelado  ( Geronticus eremita ),  unha das aves máis ameazadas do mundo  que estes días visita o esteiro do Miño para asombro e pracer de ornitólogos galegos.  O primeiro avistamento no concello da comarca do Baixo Miño comunicábao a Asociación Anabam. Foi unha veciña,  Ángela Baz , quen fotografou esta ave sobre o tellado dunha casa na zona de Pías, dentro da parroquia de San Miguel de Tabagón, o pasado sábado 7 de decembro.  “Trátase dunha das aves máis ameazadas de España e do mundo , que dende hai uns cinco séculos e ata hai ben pouco non se reproducía de xeito natural na península ibérica”, explican no seu perfil de Facebo...

I Xornada Patrimonio Industrial de Ferrolterra

Imaxe
  Para máis información preme aquí.

Semana do Patrimonio invisible en Ferrol

Imaxe
S EMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE Do 23 ao 27 de outbro, Ferrol celebra a cuarta edición da Semana do Patrimonio Invisible, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Turismo que pretende dar a coñecer espazos históricos e arquitectónicos de gran valor cultural para a cidade, que habitualmente non están abertos ao público. As visitas fanse en grupos reducidos e requiren reserva previa. Tedes toda a información  aquí . A  Semana do Patrimonio Invisible  é un ciclo que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da ...