Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2018

LEMA 2018-2019

 O lema das bibliotecas escolares este ano será " Poéticas diversas na biblioteca escolar ". Como di Cristia Novoa (Asesoría de Bibliotecas escolares) " POESÍA, pero en sentido moi amplo, é dicir, non só de poesía literaria, senón de atopar a poesía en distintos lugares, situaciones, produtos culturais.... na VIDA mesma"... emocionante.    Estamos á espera do cartel cunha imaxe a cargo de Nuria Díaz. Namentres, para ilustrar o lema, escollimos unha imaxe de "el malpensante"...   Fonte: https://www.elmalpensante.com/articulo/2262/la_glandula_poética   Saúdos do equipo de biblioteca

TRIVIAL MUSICAL: 11 outubro

Imaxe
        Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiro 11 de outubro de 2018. Para participar teredes que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis abaixo e tamén no Blog da biblioteca do Conservatorio.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   A data límite para recibir os vosos correos é o vindei

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
Xa temos os novos números de Aula de Secundaria , Dosier Grao e Eufonía disponibles para a súa lectura en sala.  Tamén a revista do centro do curso 16-17 en papel. Un saúdo     

CURSO 2018-19: apertura

Imaxe
     A Biblioteca "José Fontenla Leal" abrirá as súas portas o vindeiro luns 24 de setembro   Bo comezo de curso a todos.