Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta galego

Gañadores do I Concurso de Poesía organizado pola Biblioteca José Fontenla Leal eo EDLG

Imaxe
Deixamos aquí os nomes dos gañadores do I Concurso de Poesía,  organizado pola coordinación do equipo de Biblioteca José Fontenla Leal e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Moitísimas grazas a todos e a todas por participar. Faremos a entrega dos diplomas e dos premios o mércores 14 de maio ás 17:15 h. na Biblioteca do Xan Viaño. Os participantes tamén recibirán o seu diploma de agradecemento pola súa participación. Parabéns a todos e a todas !!

O sector do libro afea a "falta de apoio" da Xunta e alerta da escasa presenza do galego

Imaxe
  Galiza celebra esta cuarta feira, 23 de abril, un Día do libro "agridoce" para as librarías, as editoriais e as propias escritoras e escritores. Malia que as vendas e os índices de persoas lectoras se manteñen nos rexistros dos últimos anos, non acontece o mesmo cos libros escritos en lingua galega, cuxo peso é cada vez máis cativo dentro do sector, que urxe medidas á Xunta para reverter esta situación. Deixamos aquí a ligazón para ver esta nova completa.

Cambios de última hora na entrega de premios do " I Concurso Postal Musical de Nadal "

Imaxe
  Queremos informar de que, debido a un imprevisto, non podemos facer a entrega dos premios como se tiña previsto. Pedimos desculpas polas molestias e polo cambio de última hora.  De todos xeitos, o alumnado participante e tamén os premiados, poden recoller o seu agasallo e o seu diploma en conserxería , polo que tamén agradecemos aos conserxes o favor que nos fan.  Dende o EDLG e o Equipo de Biblioteca , queremos desexar a todo o alumnado e ás súas familias, que pasedes unhas boas festas e que o aninovo 2025 sexa bo e cargadiño de moi bos libros e música. Apertas e vémonos o ano que ven !

Concurso microrrelatos Samaín 2024

Imaxe
  Desde o EDLG e dende o Equipo da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, propoñémosvos un concurso de microrrelatos para o Samaín de 2024. Podedes consultar as bases aquí indicadas , así coma nos carteis que haberá colocados polo centro.  Animádevos a participar!