Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta piano

Agasallo moi especial de Solomiia Savchuk ❤️

Imaxe
  ❤️Hoxe queremos darlle as grazas a nosa alumna Solomiia Savchuk, por un agasallo moi especial para o conservatorio: a doazón dun precioso libro de piano con pezas da tradición musical ucraína, que pasará a formar parte da nosa biblioteca José Fontenla Leal. Solomiia foi a primeira alumna ucraína do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol, e dende a súa chegada, emocionounos coa súa fermosa voz, co seu talento e, sobre todo, coa súa enorme calidade humana, deixando unha pegada fonda entre toda a comunidade educativa. Agora tócalle continuar o seu camiño musical noutro lugar. Grazas, Solomiia, por compartir connosco a túa música e a túa cultura. Moita sorte no teu futuro!❤️

Parabéns Álex Armán, Premio extraordinario 23/24

Imaxe
Alex Armán, piano Nesta ocasión dámoslle os parabéns a Álex Armán, alumno que cursou os seus estudos profesionais de piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, e que acaba de recibir o Premio extraordinario na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais no ámbito de música na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2023/24. Parabéns a Álex por este merecido recoñecemento, froito de moito talento e traballo ao longo de todos estes anos no Xan Viaño. Parabéns tamén ao seu profesor de piano Miguel Sancho, que o acompañou e veu crecer dende neno como músico e como persoa.

CONCERTO DO ALUMNADO DE PIANO, hoxe 18 de Novembro ás 19:00 h.

Imaxe
Hoxe no auditorio do Xan Viaño Concerto de alumnado de piano que terá lugar hoxe, luns 18 de novembro ás 19:00 h no auditorio do conservatorio. Entrada libre ata completar aforo.

XXXIV CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO 2024

Imaxe
Para máis información aquí. Para conseguir entradas ou para máis información do concerto de inauguración o 15 de novembro no Teatro Jofre aquí. XURADO Bilbao Iturburu, Pilar (España) Popov, Yuri (Rusia) Codispoti, Domenico (Italia) Witkowski, Gisele Nacif (Brasil) Nina Kereselidze (Georgia) BASES Primera.- Objeto y contenido La Concejalía de Cultura del Ayuntamiento de Ferrol (A Coruña - Galicia – España) organiza el  XXXIV Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol” , que tendrá lugar en Ferrol entre los días  15 y 22 de noviembre de 2024 . El premio se desarrollará: el concierto inaugural en el Teatro Jofre , en las fases preliminares y final en el Auditorio de Ferrol, atendiendo al siguiente calendario: Periodo de inscripción: desde la fecha de publicación de la convocatoria hasta el 31 de octubre del 2024 15 de noviembre: sorteo de participantes, ceremonia de inauguración y concierto de apertura del concurso 16 a 18 de noviembre: primera pru...

XXVIII PREMIO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

Imaxe
O coreano Jaeyeon Won gana o Premio Internacional de Piano de Ferrol.     O ganador do Premio Internacional de Piano, onte á noite no seu actuación no Auditorio de Ferrol. Á ngel Manso (La Voz de Galicia)   Adxuntamos link por se queredes ler a noticia na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2014/11/29/coreano-jaeyeon-won-gana-premio-internacional-piano-ferrol/0003_201411G29P43991.htm  

XXVIII CONCURSO INTERNACIONAL DE PIANO "CIDADE DE FERROL"

Imaxe
 Adxuntamos un link onde atoparedes máis información: http://www.pianoferrol.com/index.html