Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Natureza Galicia

Un equipo da UVigo logra asentar en Corrubedo unha tartaruga en perigo de extinción

Imaxe
As análises de ADN confirman unha "reducida diversidade xenética" que podería comprometer a viabilidade do grupo a longo prazo Unha tartaruga liderada polo equipo da UVigo na lagoa de Olveira. Foto: Adolfo Cordero No ano 2004, en equipo da Universidade de Vigo (UVigo) incorporou sete crías da  tartaruga europea  ( Emys orbicularis ) no  Parque Natural de Corrubedo . O obxectivo desta iniciativa promovida pola Xunta era a reintrodución da especie —considerada en perigo de extinción no catálogo autonómico— nun hábitat no que estivera presente historicamente. Nos seis anos seguintes, o grupo incorporaba ás lagoas outras oito crías e cinco exemplares adultos. Tras un exhaustivo traballo de seguimento e avaliación, vense de constatar o aumento da poboación de tartaruga europea en Corrubedo. Os labores de vixilancia e control permitiron comprobar como o número de  sapoconchos  presentes nunha poza do complexo dunar se mantiña  estable ata 2018 , con cifras q...

Galicia supera as 200 árbores senlleiras coa incorporación de oito novos elementos

Imaxe
  Un exemplar de cerquiño en Santigoso e unha araucaria no pazo de Lourizán son algúns dos novos monumentos vexetais galegos O castelo de Sobroso, no lugar de Vilasobroso (Mondariz) é onde está ubicado o alcanforeiro. Oito monumentos vexetais comezan a formar parte do  Catálogo galego de árbores senlleiras .  O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar a resolución pola que se incorporan estes  novos elementos  localizados en A Mezquita, Pontevedra, Mondariz e Vilagarcía de Arousa. As árbores incluídas son un exemplar de  cerquiño  ( Quercus pyrenaica Wild ) situado na localidade de Santigoso, no concello da Mezquita (Ourense); unha  araucaria  ( Araucaria angustifolia ) localizada no pazo de Lourizán (Pontevedra); un  alcanforeiro  ( Cinnamomum camphora ) no castelo de Sobroso de Mondariz; e outras  cinco formacións , todas elas no pazo de Rubiáns, no concello de Vilargacía de Arousa. En concreto, nesta localización está...