Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Divulgación

Falece Marjane Satrapi

Imaxe
  Hoxe faleceu, aos 56 anos de idade, a debuxante de cómics francoiraní Marjane Satrapi , autora da coñecida obra Persépole , que relata a súa infancia en Teherán e os cambios en Irán tras o derrocamento do Sha de Persia en 1979 e a instauración da República Islámica. Marjane naceu en Rasht, Irán, en 1969. Medrou en Teherán nunha familia de intelectuais de esquerdas e a súa nai foi quen lle dixo algo que aparece en Persépole e que nunca esqueceu: "Na túa vida coñecerás moitos tontos. Se che fan dano, recorda que é porque son estúpidos. Non respondas á súa crueldade. Non hai nada peor que a amargura e a vinganza.  Amosa a túa dignidade e a túa integridade".  A súa nai tiña razón e Satrani pasou toda a súa vida demostrándoo. 

Día dos Museos: "unindo un mundo dividido”

Imaxe
    Con motivo do Día Internacional dos Museos, a Rede de Grandes Espazos de Divulgación (GEDIC) do CSIC súmase a esta celebración cunha variada programación de actividades repartida por todo o territorio. Portas abertas, espectáculos musicais, charlas, talleres ou visitas guiadas achegarán a ciencia e a cultura científica a públicos de todas as idades ao redor do 18 de maio. Seguir lendo na web do CSIC ou na web da Consellería para ver as actividades na nosa comunidade.

12 de maio: Día Escolar das Matemáticas

Imaxe
  O Día Escolar das Matemáticas é unha iniciativa educativa que busca achegar as matemáticas ao alumnado dun xeito dinámico, contextualizada e participativa, promovendo cada ano unha temática de especial relevancia social e educativa. O Día Escolar das Matemáticas (DEM) 2026 que se conmemora hoxe 12 de maio está dedicado este curso escolar 2025/2026 ao pensamento computacional e á intelixencia artificial, dous ámbitos fundamentais para comprender os retos educativos e tecnolóxicos do presente e do futuro. O encargado de desenvolver esta temática será Luis Miguel Iglesias Albarrán, membro da Sociedade Andaluza de Educación Matemática Thales, quen elaborou un caderno didáctico dirixido ao profesorado e ao alumnado co obxectivo de achegar estes conceptos de xeito práctico e accesible.

Ler en papel e escribir a man... O ensino tradicional funciona

Imaxe
Estudos recentes indican que ler en papel e escribir a man axudan non só a mellorar a comprensión, senón tamén a estimular un procesamento máis profundo da información.  Convidámosvos a reflexionar sobre esta nova.