Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Astronomía

Eclipses de lúa, de sol e chuvias de estrelas: os eventos astronómicos de 2025 en Galicia. No te perdas de nada !

Imaxe
O ano arrincou cunha aurora boreal e continuará co escurecemento total da lúa en marzo que se poderá observar a simple vista O 2025 comezou cun fenómeno espectacular: as  auroras boreais tinguiron de rosa os ceos galegos  durante a primeira noite do Aninovo. Pero que outros eventos astronómicos se poderán observar no firmamento de Galicia nos próximos meses? O Observatorio Astronómico Nacional (OAN) indica que serán visibles  dúas eclipses totais de lúa e unha parcial de sol,  ademais das principais chuvias de meteoros como as cuadrántidas, que aínda se poden apreciar ata o día 12 de xaneiro. Considérase unha eclipse cando un obxecto astronómico  escurece temporalmente ao pasar un corpo ou a súa sombra  entre o propio obxecto e o observador. Este ano os galegos poderán apreciar  tres eclipses : dúas totais de lúa e un parcial de sol. Eclipse parcial de Sol O primeiro destes eventos terá lugar o 14 de marzo. Será unha  eclipse total de Lúa  qu...

Unha estrela para Rosalía de Castro

Imaxe
O 17 de decembro de 2019, a Unión Astronómica Internacional designou oficialmente co nome Rosalía de Castro a unha estrela na constelación do Serpentario. No quinto aniversario deste fito histórico, o mércores 18 de decembro celébrase unha actividade na   Casa das Ciencias   da Coruña na que Martin Pawley, promotor da campaña desde a Agrupación Astronómica Coruñesa, contará historias da astronomía a través dos textos de Rosalía de Castro, nunha sesión especial do planetario ao redor da escritora e a súa estrela. A entrada a actividade é gratuíta, ate completar o aforo da sala. As entradas comezarán a repartirse a partir das 19:15 h. na recepción da Casa das Ciencias. Non se permite a entrada unha vez iniciada a actividade. Preme aquí para máis información desta actividade.